Gran xornada para os intereses vermellos no que se produciron as vitorias dos xuvenís, do cadete «A», do infantil «B», alevín «A», alevín «B», alevín «C» e prebenxamín. Derrotas do infantil «B» e do benxamín. Descansaron o cadete «B», benxamín «B» e prebenxamín «B».
Xuveniles
Ourense CF “B” 0 – 13 UD Ourense
Cadetes
UD Ourense 2 – 1 Val Miñor “B”
Vitoria trascendental do conxunto cadete na xornada da liga galega. Os pupilos de Vilachá impuxéronse o Val Miñor «B», equipo da parte alta, nun encontro tildado de final e con moita emoción e loita por facerse ca vitoria. Adiantábanse os locais por mediación de Miguel, pero o Val Miñor empataría xusto antes do descanso. No segundo acto, un tanto de Kevin no 62, dáballe vantaxe os locais, que tiveron que aguantar o empuxe visitante nos minutos finais para conservar 3 valiosos puntos, que os sitúan a tan só 1 da permanencia.
Descansou a UD Ourense “B”.
Infantís
UD Ourense 2 – 3 CF Monforte
Derrota dos infantís nun encontro no que pelexaban por superar a un rival directo na táboa do playoff polo título, pero no que nos nosos non foron quen de puntuar. Adiantáronse os visitantes os 2 minutos de xogo, pero Hugo devoltaba a igualada no 14. Xa na segunda metade, chegaría un novo tanto monfortino no minuto 63 e Marcos voltaría facer as táboas para os vermellos no 72. Un tanto de Yerai nos minutos finais dáballe a vitoria os visitantes.
Ourense CF “C” 0 – 3 UD Ourense “B”
Nova vitoria do segundo equipo alevín, terceira consecutiva no campionato copeiro no seu sistema de liguilla. Os nosos foron superiores o Ourense CF, pero o encontro non se decantaría ata mediada a segunda metade. Jorge anotaba o primeiro do encontro o voltar da reanudación e os nosos púñanse por diante. Os locais buscaron o empate, pero non chegaría, si o farían dous tantos máis da UD Ourense. Noa anotaba o segundo no 77 e Pablo 2 minutos despois facía o terceiro. Con esta vitoria o conxunto sitúase colíder da táboa e en postos de acceso a seguinte rolda.
Alevís
ED Ourense 0 – 3 UD Ourense
Vitoria trascendental do alevín que adestra Álex Castro e que lle permite situarse en postos de acceso o sector galego da categoría. Os nosos derrotaron desta vez a ED Ourense, nun encontro de gran despliegue e xogo dos nosos pequenos. Tres tantos de Jacobo na primeira metade deixaron o partido sentenciado e luminosos xa non se movería. Con estes 3 puntos e o empate do Ourense CF, os vermellos pasan a ocupar a 4ª posición na táboa a falta de 2 xornadas para o remate da competición.
CD Allariz 1 – 2 UD Ourense “B”
Vitoria do segundo equipo alevín no seu encontro correspondente a primeira xornada da liguilla da Copa. Os nosos rapaces superaron o Allariz nun encontro moi desputado en terras alaricanas e que se saldou favorable os nosos intereses, gracias a pequenos detalles. Sebastián adiantaba os ourensás no minuto 17, pero os alaricanos anotarían o empate xusto antes do descanso. Na segunda metade, Adrián faría o 1-2 os 3 minutos da reanudación. Os alaricanos tentaron o empate, pero o marcador xa non se moveu. Debut o grande do alevín «B» en competición copeira.
EDC Barbadás “B” 1 – 4 UD Ourense “C”
Vitoria do terceiro equipo alevín no seu encontro copeiro. Os nosos superaron o Barbadás «B», nun partido que dominaron case dende o comezo. Carlos Manuel adiantou os pupilos de Dacosta e Pablo fixo o segundo tanto tralo descanso. Na segunda metade chegarían 2 tantos máis dos vermellos por mediación de Iker e Carlos Manuel novamente. Os azulóns farían o seu tanto 2 minutos despois do cuarto vermello. Con este resultado, os nosos pequenos manteñense unha semana máis como líderes do seu grupo.
Benxamís
ED Ourense 4 – 2 UD Ourense
Derrota do conxunto benxamín nun trascendental encontro ante un rival que con estes 3 puntos se mete na pelexa polo sector galego. Os nosos desaproveitaron a oportunidade de manter a cuarta plaza e sucumbiron nun desputado encontro ante a ED Ourense. Dous tantos dos locais en 3 minutos, decantaron a balanza nos primeiros compases, aínda que os nosos metíanse de novo na loita cun tanto no minuto 8. Cinco minutos despois voltarían adiantarse os locais e os nos recurtarían as diferenzas no 19. Trala reanudación chegaría o cuarto e definitivo dos locais. Pese a esta derrota, os nosos son quintos a 1 punto do sector galego e con 2 xornadas por desputarse.
Descansou a UD Ourense “B”.
Prebenxamís
UD Ourense 10 – 2 CP Calasancio
Vitoria do prebenxamín, que foi moi superior o Calasancio dende o comezo do encontro. Os nosos xa non teñen opción de desputar o sector galego, pero seguen pelexando por acabar o máis arriba posible neste playoff polo título. Contundente vitoria e novo partido de formación dos nosos pequenos.
Descansou UD Ourense “B”.