Resumo da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Fin de semana na que o alevín «A» achégase un pouco máis o sector galego. o benxamín «A» queda sen opcións de sector tras a súa derrota, namentras que o cadete de galega sumou un empate para aferrarse o soño da permanencia. O xuvenil non xogou ante a incomparecencia do rival. Vitorias do alevín «B», alevín «C» e prebenxamín. Derrotas do cadete «B», infantil «A» e benxamín «B».

Xuveniles

UD Ourense 3 – 0 CD Rúa

O CD Rúa non se presentou o encontro polo que a Federación otorgou o triunfo por 3-0 o conxunto vermello, que deste xeito pecha a súa participación no playoff polo título, no que acadaron o ansiado título e o ascenso a liga galega.

Cadetes

Pabellón CF “B” 2 – 2 UD Ourense

Empate do conxunto de liga galega cadete diante do Pabellón «B», quinto clasificado da táboa. Os nosos foron superiores o seu rival e mereceron mellor fortuna en forma de 3 puntos. Adiantáronse os vermellos cun tanto de Álex Gómez os 21 minutos, pero os pabellonistas igualaban a contenda antes do descanso. Xacobo no 81 voltaba a por os ourensás por diante o transformar un penalti, pero un tanto pabellonista no 80 devoltaba a igualada. Con este punto os nosos quedan a 3 puntos da salvación a 4 xornadas para o final da competición.

UD Ourense “B” 2 – 3 A Peroxa CF 

O cadete «B» que dirixe Luis González caeu derrotado no seu encontro copeiro do sistema liga. Os vermellos recibiron dous tantos nos primeiros 4 minutos de xogo, que foron unha dura lousa que soportar. Pese a todo, os nosos recompuxéronse e David Valverde recurtaba diferenzas antes no descanso. No segundo acto, David anotaría novamente, para darlle o empate dos vermellos. Un tanto de Félix 7 minutos despois dáballe o triunfo o A Peroxa.

Infantís

CD Velle 3 – 1 UD Ourense

Derrota do infantil A, no último encontro do playoff polo título. Os nosos xa non se xogaban nada e caeron diante do Velle. Os locais marcharon o descanso con vantaxe de un tanto e fixeron un segundo tanto no ecuador da segunda metade. Hugo anotou para os vermellos no 74, pero os locais, cando os nosos buscaban o empate, sentenciarían o encontro cun novo tanto no último minuto.

UD Ourense “B” 2 – 3 CD La Purísima 

Partido de preparación para as semifinais do torneo futbol base. Minutos ben aproveitados polos xogadores menos habituais no 11 inicial. Contamos coa aportación do porteiro do Infaniim A (Nacho) e co porteiro do Alevín A (Lusra). Partido amigable que venceu La Purísima. Santi e Raúl anotaron para os ourensás.

Alevís

UD Ourense 6 – 3 EDC Xinzo

Vitoria do alevín de Álex Castro fronte o EDC Xinzo para seguir unha semana máis defendendo posición de acceso o sector galego. Mesfin adiantou os vermellos os 2 minutos de xogo e Mario no 4 facía o segundo. Mesfin novamente anotaría o terceiro e Yago faría o cuarto xusto antes de que os limians anotaran un tanto que deixaba un resultado de 4-1 o descanso. Hugo faría o quinto dos vermellos a volta do tempo de lecer, pero os limians meteríanse no encontro con dous novos tantos consecutivos. Jacobo no 49 anotaría o 6-3 definitivo.

Galería de imaxes do partido. Clicka aquí

UD Ourense “B” 5 – 0 CD Velle

Segundo encontro copeiro para o segundo alevín e segundo triunfo do conxunto vermello. Desta vez, os nosos rapaces superaron o Velle «B», nun encontro no que amosaron o seu poderío ofensivo, especialmente na segunda metade. Aday e Raúl adiantaron os nosos no primeiro acto e Raúl Iglesias, Pablo e Juan no segundo. Deste xeito, os nosos seguen unha semana máis o fronte da clasificación.

UD Ourense “C” 6 – 0 CDC Santa Teresita “B”

Nova vitoria copeira do alevín «C», que conta todos os seus partidos por triunfo nesta competición e que marcha líder destacado do seu grupo. Os vermellos superaron con contundencia o Santa Teresita, gracias os tantos de Carlos Manuel, en tres ocasións, Manuel, Xabier e Pablo. Todos os tantos foron anotados na primeira metade.

Benxamís

UD Ourense 1 – 4 EDC Xinzo 

Derrota do noso benxamín nun encontro trascendental por meterse no sector galego diante dun rival directo, que levou os 3 puntos e que deixa os nosos sen opcións. O partido estivo marcado pola igualdade inicial, pero os limians anotarían 2 tantos en 3 minutos que os puñan por diante. Anxo un minuto despois do segundo gol da EDC Xinzo recurtaba diferenzas e con 1-2 chegabase o descanso. Os limians anotarían o minuto de reanudarse e sentenciarían o encontro cun novo gol 6 minutos despois.

UD Ourense “B” 1 – 6 CD Arenteiro 

Derrota do segundo equipo benxamín no seu encontro coma local diante do CD Arenteiro. Os carballinenses marcharon o descanso cunha vantaxe de 4 tantos, que ampliarían na segunda metade con dous novos goles. Martín no minuto 48 fixo o gol dos vermellos. O nosos benxamín «B» arranca a copa cun tropezo.

Prebenxamís

UD Ourense 5 – 4 EDC Barbadás 

Vitoria do prebenxamín nun auténtico partidazo ante un Barbadás co que pelexan pola 6ª praza do playoff polo título. Os noso pequenos adiantáronse gracias a un tanto de Adrián os 2 minutos de xogo, pero os azulóns igualaban un minuto despois e lograban outro tanto no 10. Xa na segunda metade, Sebastián faría o empate no 28, pero dous minutos despois voltaban adiantarse os visitantes. Sebastián devoltaba a igualada no 35 e Adrián puña os nosos por diante no 40, recibindo o tanto do empate no 42 e Adrián no 44 deixaba o definitivo 5-4 no marcador.