Fin de semana maravilloso para #ANosaBase xa que se produciron as vitorias do cadete de galega, que sae dos postos de descenso e do alevín «A», que se clasifica para desputar o sector galego. Triunfo tamén do alevín «C», benxamín «B» e prebenxamín». Derrotas do cadete «B» e o Benxamín «A».
Cadetes
UD Ourense 2–1 EDC Verín
Vitoria balsámica do cadete de galega, que sae dos postos de descenso con estos tres puntos sumados ante un EDC Verín, que marchaba en 4ª posición na táboa. Encontro heroico dos nosos, que souperon amosar as súas mellores armas e levarse un duelo clave pola permanencia. Carlos Manuel adiantou os vermellos no minuto 22, pero un tanto en porpia porta de Pablo levou o encontro as táboas no descanso. Na segunda metade, un novo tanto dos ourensás, neste caso de Marcos Jesús, deulle a vitoria o Ourense.
SD Chantada 3–1 UD Ourense “B”
Derrota do cadete «B», no seu último encontro da 2ª fase do Torneo de Fútbol Base da súa categoría. Os nosos, que xa non se xogaban nada, prantaron cara a un Chantada que quería apuntalar a terceira praza. Os locais adiantáronse no minuto 30 e marcharon o descanso con vantaxe. Na segunda metade, Donovan igualou a contenda os 4 minutos da reanudación. O conxunto chantadino poríase por diante cando restaban 20 minutos para o final e sentenciaría pouco despois, cando os nosos buscaban o empate.
Alevíns
EDC Barbadás 1–2 UD Ourense
Vitoria final da UD Ourense no último encontro ligueiro. Os pupilos de Álex Castro superaron o Barbadás nun auténtico partidazo, con cheiro a final, pois decidíase a clasificación para o sector galego. Os nosos fixéronse cos 3 puntos e acadaron este preciado honor. Mario adiantou o Ourense os 11 minutos de encontro e Mesfin, o regreso do descanso, faría o segundo. Efren, no minuto 40, recurtaría diferencias para o Barbadás, pero o luminoso xa non se movería máis. Os nosos competirán cas mellores canteiras de Galicia.
Consulta as imáxenes clickando aquí
CP Calasancio “B” 0–2 UD Ourense “C”
Cuarto partido da Copa Deputación no seu sistema de Liga e cuarta vitoria do Ourense «C», que leva pleno de triunfos. Os nosos superaron desta vez o Calasancio «B» a domicilio, nun encontro no que os vermellos se amosaron superiores o seu rival. Os tantos de Roi e Yago permítenlle os rapaces de Ramón Dacosta sumar 3 novos puntos, que lles dan a clasificación para a seguinte rolda.
Benxamíns
EDC Barbadás 4–3 UD Ourense
O benxamín, que a pasada semana quedaba sen opcións de xogar o sector galego, despedía a tempada ligueira en Barbadás, nun ano fantástico para o Ourense, que fixo unha gran tempada. Os vermellos competiron duramente cos azulóns, pero acabaron cedendo. Os tantos de Adrián, Roi e Dani, non foron suficientes ante un rival que lle deu a volta a contenda a partir do minuto 40, cando perdían por 2-3.
UD Ourense “B” 3–2 CP Calasancio “B”
Segunda xornada da Copa Deputación, no seu sistema de Liga e primeira vitoria do benxamín «B» do Ourense. Os nosos métense na pelexa pola segunda praza o sumar 3 puntos moi traballados. Alexis adiantou os ourensás, que marcharon o descanso vencendo por 1-0. Na segunda metade Hevert Alexis faría o segundo para os locais, pero os monfortinos igualarían a contenda con 2 goles en 3 minutos. Un tanto de Gabriel nos últimos segundos de encontro, deulle o triunfo o Ourense.
Prebenxamíns
UD Ourense 7–0 A Peroxa CF
Fin de competición ligueira para o Ourense prebenxamín, que rematou o playoff polo título nunha meritoria sexta praza nun grupo de 11 equipos. Os nosos superaron con contundencia o A Peroxa, con tantos de Adrián, Hugo Santalices, Daniel, Hugo Barge, Xurxo e Mateo, por partida dobre.