Resumo da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios
Cadetes

Cristo Victoria 1–1 UD Ourense

Un punto sumou o cadete de galego no seu desprazamento a Bouza para enfrontarse o Cristo Victoria. Os nosos recibiron un gol en contra no minuto 20 e marcharon por debaixo no marcador o descanso. Na segunda metade, un tanto de Álex Gómez os 9 minutos de xogo igualou a contenda e permítelle os vermellos sumar un punto, pero actualmente ocupan postos de descenso polo average. A falta de dúas xornadas, os de Vilachá seguen moi vivos na loita pola permanencia.

Infantís

UD Ourense “B” 1 – 6 EDC Barbadás “B”

Derrota abultada do infantil «B» no seu encontro de ida das semifinais do Torneo de Fútbol Base Infantil. Os nosos non puideron cun Barbadás que impuxo a súa lei na primeira metade e marchou o descanso con vantaxe de 5 tantos. Na segunda metade, Pablo faría o da honra para os vermellos e os azulóns anotarían un novo tanto. Os nosos buscarán a remontada milagrosa en Os Carrís no encontro de volta para tentar o pase a final.

Alevíns

UD Ourense (Copa Deputación)

Dobre vitoria do alevín que adestra Álex Castro. Os seus pupilos desputaban sendos encontros copeiros en terras monfortinas e superaron a Arrabaldo (2-1) e Ribeiro (2-0). Dúas novas vitorias dos vermellos no sistema copeiro, que lle dan o pase os cuartos de final da categoría coma líderes de grupo, tras unha gran fase de grupos onde sumaron 4 triunfos, cedendo un empate e caendo derrotados nunha única ocasión.

Consulta a galería de imaxes aquí

UD Ourense “B” 1 – 2 CD La Purísima “B” 

Derrota da UD Ourense «B» no seu último encontro da Copa non Sistema de liguilla. Os nosos caeron ante La Purísima «B», nun choque directo pola primeira praza e que se acabou decantando en favor dos visitantes, tras imporse nun encontro moi desputado. Con este resultado, os nosos quedan apeados dos cruces da Copa e non acceden a oitavos de final, onde si estará o alevín «C».

Benxamíns

Monforte CF 2 – 1 UD Ourense “B”

Derrota do segundo equipo benxamín no último encontro ligueiro da Copa. Os nosos venderon cara a súa pel, pero acabaron cedendo ante o empuxe monfortino. As opcións dos vermellos pasaban por gañar para acceder os cruces, pero non puideron cos locais, que alcanzan deste xeito a clasificación a seguinte rolda.

Prebenxamíns

UD Ourense 5 – 0 CD La Purísima

Os prebenxamíns arrancaron a ida da primeira rolda da Copa Deputación cun triunfo contundende ante La Purísima. Os nosos pequenos foron moi superiores o seu rival e amosarono dende o comezo, impoñendo a súa lei e facéndose co control do xogo. O final triunfo contundente e boa renta a defender no partido de volta.

A Peroxa FC 7 – 3 UD Ourense “B”

Derrota do segundo equipo prebenxamín no partido de ida da Copa Deputación. Os nosos caeron na súa visita A Peroxa por 7-3. Os máis pequenos amosaron o seu crecemento tras unha gran tempada formativa, pero non foron quen de superar a un rival que se impuxo dende o comezo e levou os nosos arrastras. O final derrota e a pensar xa na volta.