Resumo da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova xornada para a nosa base na que o o xuvenil, o alevín, o benxamín e o prebenxamín acadaron a vitoria. Empate do segundo equipo benxamín e derrotas de ambos cadetes, o infantil «B», alevín «B». O partido do prebenxamín «B» suspendeuse e o alevín «C» descansou.

Xuvenil

UD Ourense 2-1 CD Velle

Nova vitoria do xuvenil de Agustín que prosigue unha semana no máis alto da clasificación e as xornadas seguen pasando. O equipo, lanzado cara o ascenso a Liga Galega, superou nun partido moi serio a un Velle que prantou cara, pero que se viu superado polo poderío ourensán. O partido, eso sí, non se rompeu ata a segunda metade, cando Carlos abriu a lata no ecuador e Pousa sentenciou minutos despois. Nos últimos minutos chegaría o tanto do Velle, pero os 3 puntos quedaban en Miraflores.

Cadetes

UD Ourense 1-3 Atlético Marcón

Dolorosa derrota do cadete na casa ante un rival directo. Non puideron os pupilos de Luis Vilachá repetir o triunfo da semana anterior en Porriño e caeron nun choque directo na loita pola permanencia. Os nosos costoulles entrar no partido e froito delo, os visitantes adiantáronse no marcador no 25. Tras o gol os nosos melloraron, pero tralo descanso recibiron un novo mazazo en forma de gol. Xaco recurtou diferenzas no 55, pero cos locais volcados chegou a sentencia definitiva do Marcón.

EDC Verín «B» 2-1 UD Ourense «B»

Derrota do segundo equipo cadete nun encontro moi desputado. Tras unha gran vitoria na primeira xornada da segunda fase do sistema liguilla da Copa, os nosos non foron quen de sumar na súa visita a terras verinesas. Adiantáronse os locais no minuto 13, pero un tanto de Miguel Pérez en propia porta antes do descanso dáballe o empate o Ourense. Na segunda metade chegaría o segundo do Verín, e a pesares de que os nosos o tentaron, non foron quen de igualar a contenda.

Infantís

EDC Barbadás 3-1 UD Ourense

Derrota do noso infantil na súa visita o Barbadás, equipo que marcha segundo no playoff polo título da categoría e que aspiran todavía o primeiro posto. Os azulóns non deron opcións os pupilos de Bruno, aínda que os tantos non chegarían ata a segunda metade, tras unha gran primeira parte de ambos conxuntos. O Barbadás fixo 3 tantos e deixou o partido sentenciado, os nosos solo foron quen de anotar o tanto da honra nos minutos finais.

UD Ourense «B» 2-1 SD Valenzá

Primeira vitoria do segundo equipo infantil na Copa no seu sistema de liguilla. Tras sumar unha derrota e un empate nos dous primeiros encontros, os nosos fixéronse con 3 puntos que os reenganchan os postos que dan acceso a seguinte ronda. O partido decidiuse na primeira parte e concretamente nos 15 primeiros minutos de choque. Adiantáronse os visitantes, pero os nosos déronlle a volta a o marcador con dous tantos obra de Carlos e Santiago.

Alevís

UD Ourense 6-2 SD Arrabaldo

Nova vitoria do alevín de Álex Castro, desta vez na casa diante do Arrabaldo. Os nosos seguen sumando punto a espera dalgún tropezo dos de arriba que lles permita recurtar os 6 puntos de diferenza co último equipo que marca os postos de acceso o sector galego. Os nosos foron moi superiores o seu rival e o descanso marcharon cunha vantaxe de 3-1. Trala reanudación chegarían 3 novos tantos dos nosos e un do Arrabaldo.

CD Maceda 3-2 UD Ourense «B»

Derrota do segundo equipo alevín na súa visita a Maceda. Os nosos competiron ante un rival que marchaba en terceira praza na táboa. Adiantáronse os nosos con dous tantos antes dos dez minutos de xogo. Os locais recurtaron diferenzas antes do descanso e xa na segunda metade, déronlle a volta o marcador. Con este resultado, os nosos afástanse do líder, pero prosiguen nunha cómoda segunda praza.

Benxamís

UD Ourense 2-1 SD Arrabaldo

Importante vitoria do benxamín que se reengancha de novo a loita polo sector galego, da que está a 4 puntos. Ademáis, os vermellos aproveitaron os tropezos de Pabellón Promesas e ED Ourense para avanzar postos na táboa. O descanso, os nosos marcharon cunha renta de dous tantos que o final sería decisiva. O Arrabaldo recurtou na segunda metade, pero os 3 puntos quedaban na casa.

UD Ourense «B» 2-2 SD Nogueira

Empate do segundo equipo benxamín no seu encontro fronte o Nogueira. Víanse as caras penúltimo e último da táboa e duelo estivo moi igualado dende o comezo. Adiantáronse os noso, pero un tanto antes do descanso devoltaba a igualdade. Na segunda metade chegou un novo tanto dos vermellos, que tería réplica minutos despois e o marcador xa non se movería máis.

Prebenxamís

Santa Teresita 2-4 UD Ourense

Segunda vitoria consecutiva do primeiro equipo prebenxamín, que segue escalando postos na táboa, pero que está moi lonxe dos postos de acceso o sector galego. Os nosos impuxeron a súa lei e marcharon o descanso cunha vantaxe de 0-3. O inicio da segunda metade, os visitantes fixeron dous tantos seguidos, pero os nosos responderon rápidamente e sentenciaron.

UD Ourense «B» 0-2 CD Arenteiro «B» *

Xogaban os máis pequenos en Miraflores diante do Arenteiro «B», pero o partido non se rematou de desputar debido as inclemencias metereolóxicas. O resultado no momento da suspensión era favorable os carballinenses.

Juvenil

10-03 17:00

UD Ourense

2 · 1

CD Velle

Cadete

11-03 12:00

UD Ourense

1 · 3

Marcón Atl

Cadete B

10-03 16:00

EDC Verín B

2 · 1

UD Ourense B

Infantil

10-03 11:45

EDC Barbadás

3 · 1

UD Ourense

Infantil B

10-03 18:50

UD Ourense B

3 · 2

Valenzá SD

Alevín

10-03 16:00

UD Ourense

6 · 2

SDC Arrabaldo

Alevín B

11-03 10:45

CD Maceda

3 · 2

UD Ourense B

Alevín C

10-03 Sin hora

[Descansa]

UD Ourense C

Benjamín

10-03 10:40

UD Ourense

2 · 1

SDC Arrabaldo

Benjamín B

10-03 16:00

UD Ourense B

2 · 2

N Ramuín

Prebenjamín

10-03 13:00

Sta Teresita

2 · 4

UD Ourense

Prebenjamín B

10-03 10:40

UD Ourense

0 · 2*

BCD Arenteiro

*  Partido suspendido no descanso debido ás inclemencias meteorolóxicas