Novo fin de semana de fútbol para a nosa base, que chegou cargado de resultados positivos, especialmente para o xuvenil, o cadete «A» e o infantil «A», que siguen sumando na procura dos seus obxetivos. Salientar o debut en competición dos nosos equipos de fútbol 8, que xa botan a rodar un ano máis.
Xuvenís
UD Ourense 3-3 SDC Arrabaldo
O conxunto dirixido por Agustín non puido sumar tres novos puntos no seu obxetivo por escaparse na zona alta da táboa. Rival directo nesa loita por xogar a fase de ascenso e que non llo puxo nada doado os vermellos. Javi adiantaba os locais os 13 minutos de xogo, pero o Arrabaldo respondería antes do descanso, acadando o empate por mediación de Pablo Romero. Xa na segunda metade, Romero anotaría dous tantos máis que porían os visitantes con vantaxe. Miguel no 67 e Javi no 73 devolverían a igualada. Os nosos tentarono ata o final, pero sen fortuna. O final 1 punto para situarse a 2 do líder, o Antela.
Xogadores destacados: Bruno, Javi e Óscar
Cadetes
UD Ourense 2-2 SD Portonovo
Novo punto que suma o cadete de galega na liga. Cuarto empate en 5 xornadas, pero segue resistíndose a vitoria. Chegaba a Miraflores un rival directo na loita pola permanencia e que tan só lograra un punto no que ia de liga. Os nosos comezaron cun gol en contra o pouco de iniciarse o encontro. Ander empataría a contenda a 8 minutos para o descanso, pero a falta de 1 minuto para o tempo de lecer, o Portonovo voltábase a adiantar. Na segunda metade, Marcos Jesús anotaría o tanto do empate os 10 minutos da reanudación. De ahí o final, ocasións para ambos conxuntos, pero fallou a definición. Os ourensáns son décimocuartos con catro puntos.
Xogadores destacados: Sergi, Ander e Marcos Jesús.
CD La Purísima 4-1 UD Ourense “B”
Nova derrota do cadete «B», que segue colléndolle o pulso a categoría, pero que saiu doblegado do seu encontro fronte a La Purísima. Os pupilos de Luis González voltaron a perdoar en numerosas ocasións o seu rival e acabaron cedendo o a vitoria. Os locais adiantáronse os 4 minutos de partido e marcaron o ritomo durante os 25 primeiros minutos, nos que ampliarían as diferencias novamente en dúas ocasións. Con 3-0 en contra, os nosos gozaron dos millores minutos de xogo e tiveron oportunidades para recurtar, La Purísima mataba o encontro xa na segunda metade e Hugo de penalti anotaba o tanto da honra para os nosos.
Xogadores destacados: Hugo, Álex e Iago
Infantís
EDC Verín «B» 0-6 UD Ourense
O infantil de Bruno Gómez reencontrouse coa vitoria ligueira, logo do tropezo da última semana. Os vermellos foron moi superiores o EDC Verín e superáronos dende o comezo. Dous tantos en tan solo un minuto foron unha dura losa da que erguerse para o conxunto local. O descanso o resultado era de 0-4. Antes de cumplirse o minuto 10 da segunda parte, os nosos xa acadaran o 0-6, que sería definitivo. Os nosos son cuartos a 3 puntos dos líderes, Barbadás, Pabellón e Velle.
Xogadores destacados: Íker, Pablo e Marcos
Alevís
Pabellón CF 7-0 UD Ourense
Dura derrota para o conxunto alevín adestrado por Álex, que a pesar de amosar unha gran imaxe de xogo, non puido cun Pabellón que non deu case ningunha opción. Os locais marcaron o ritmo e impuxéronse con facilidade os nosos, tirando de efectividade. Pese a derrota, o equipo sacou cousas positivas de cara os seguintes encontros.
Xogadores destacados: Íker, Pablo e Marcos
UD Ourense «B» 9-0 CD Velle «B»
Goleada do alevín «B» diante do Velle, nun partido no que os nosos foron moi superiores. O descanso xa vencían por un contundente 6 a 0 e na segunda metade remataron a faena con 3 novos tantos para acadar o contundente 9-0 final.
EDC Xinzo «B» 2-5 UD Ourense «C»
Primeira vitoria do curso para o alevín «C», nun encontro marcado pola igualdade, especialmente na primeira metade. Adiantáronse os locais, pero os vermellos lograron a igualada. O EDC Xinzo voltábase a adiantar, pero antes do descanso os nosos dábanlle a volta o marcador. Xa na segunda metade, sentenciarían o partido co 2-5 definitivo.
Benxamís
Pabellón CF 6-0 UD Ourense
Xogadores destacados: Anxo Álvarez, Martín Tuñas, Didi e Unai
EDC Celanova 6-3 UD Ourense «B»
Partido amigable do benxamín «B», que non debutaba todavía en competición. Derrota na visita a Celanova, pero deixando unha gran imaxe de xogo. Alexis, Míguez e Brais foron os autores dos tantos vermellos.
Xogadores destacados: Luquitas, Míguez e Aleixo.
Prebenxamís
UD Ourense «B» 2-14 CF Monforte
Debutaba o prebenxamín «B» en competición oficial en Miraflores, pero non tivo o seu día e acabou goleado por un Monforte que amosou unha gran pegada e acabou levándose o partido con claridade.
Xogadores destacados: Pablo, Julio e Mateo .