Xuvenís
CF Monforte «B» 0-5 UD Ourense
Contundente vitoria a acadada polo noso infantil na súa visita a terras de Lemos. O conxunto dirixido por Agustín amosou a súa pegada, sen embargo, non sería ata a segunda metade cando os vermellos deixarían o partido visto para sentencia. Óscar facía o primeiro os 20 minutos de xogo e aproveitaba a superioridade visitante ata o momento para plasmala no marcador. Xa na segunda metade, chegaría a actuación estelar de Benji, que anotaría 3 tantos consecutivos, dous deles nun minuto, xusto o inicio do segundo acto. Javi Gómez pechou a goleada e un novo triunfo, que sitúa os unionistas en cabeza da táboa.
Xogadores Destacados: Rober, Benji e Óscar.
Cadetes
UD Ourense 2-0 Porriño Industrial
Segunda vitoria consecutiva dos cadetes de galega e primeira na casa, diante dun rival directo na loita pola permanencia. Os vermellos impuxéronse o seu rival nun encontro desputado, pero no que Marcos Jesús foi clave para decidir o choque con dous tantos anotados. O primeiro antes do descanso, para chegar a interrupción con vantaxe e o segundo no minuto 78, cando os Industriais presionaban na procura do empate. Boa actuación e 3 puntos máis para situarse en 9ª posición con 10 puntos.
UD Ourense «B» 0-2 SDC Arrabaldo
O conxunto cadete adestrado por Luis González desputou o partido correspondente a sexta xornada ligueira o pasado día 12, aproveitando a festividade. Os ourensás voltaron caer derrotados fronte a un Arrabaldo que fixo os deberes e que soubo manter as distancias a pesar dos intentos dos nosos por darlle a volta a contenda. Un tanto na primeira metade e outro en propia porta na segunda, bastáronlles para levarse a vitoria do Colexio Miraflores. Os nosos son os pechacancelas da táboa cun 1 punto en 6 encontros. Boa imaxe a amosada ante un dos gallitos da categoría.
Xogadores destacados: Destacados Carlos, Hugo e Donovan.
Infantís
UD Ourense 8-1 CD Maceda
Contundente vitoria do nosos conxunto infantil diante do Maceda, nun partido dominado de cabo a rabo polos pupilos de Bruno Gómez. Hugo adiantaba os nosos os 12 minutos de xogo e 2 minutos despois chegaba o tanto de Iker, que poñía o 2-0. De novo Iker e Marcos, antes do descanso, facían dous novos tantos para darlle os ourensáns a ventaxa o término do primeiro período. Na segunda metade chegarían 3 novos tantos, acadados por Mauro, Hugo e Marcos, que supuñan o 7-0. O Maceda fixo o tanto da honra e Álex a 7 do final establecía o 8-1 definitivo.
Xogadores destacados: Iker, Sol e Álex
UD Ourense «B» 6-3 Ourense CF «C»
O segundo equipo infantil non desputará competición esta fin de semana, despois de ter xogado onte o seu partido ligueiro. Os vermellos impuxéronse con claridade o Ourense CF, nun derbi intenso e cheo de bo fútbol. Os de Jorge Conde seguen invictos e contan os seus 3 partidos por vitorias, situándose na parte alta da táboa. Os locais romperon o encontro na segunda metade, despois de irse o descanso cun marcador axustado de 3-2 e de remontar o tanto inicial dos visitantes.
Xogadores destacados: Noel, Saúl e Noa
Alevís
UD Ourense 6-3 CDC Santa Teresita
Partido moi desputado o que vivimos nas instalacións do Colexio Miraflores. Os vermellos impuxéronse a un combativo Santa Teresita, que non o puxo nada doado. Os visitantes adiantáronse no marcador o minuto de xogo, e 4 despois farían o 0-2. Antes do descanso, chegaría a reacción dos nosos, que recurtarian distancias gracias a un tanto en propia porta. Yago igualou o contenda e Adrián puxo por diante os vermellos, pero dous minutos despois Jaime volvía a poñer as táboas no luminoso. Case sen tempo para reaccionar, chegaría o tanto de Hugo e desta forma os nosos marchaban o descanso con vantaxe de 4-3. Na segunda metade Martín e Mario finiquitaron o partido.
Xogadores Destacados: Yago, Mario e Calviño
CD Allariz 4-3 UD Ourense «B»
UD Ourense «C» 7-3 Ribeiro «B»
Nova vitoria do alevín C, que prosegue lanzado no seu inicio de tempada, con dúas vitorias consecutivas. Desta vez superaron o Ribeiro con contundencia, nun encontro no que os nosos foron superiores. Adiantáronse os vermellos os 4 minutos de xogo gracias a un tanto de Mateo. Dez minutos despois, Manuel ampliaría distancias. Un tanto en propia porta de Hugo Francisco, poría os ourensáns cunha ventaxa de 3-0, que se ampliaría con tres novos tantos acadados por Iker, Juan Ignacio e Jesús, que poñían terra de por medio. O Ribeiro recurtaría distancias cun tanto antes do descanso. Xa na segunda metade, Manuel anotaba o séptimo e definitivo e os amarelos marcaban dous tantos para o 7-3 final.
Xogadores destacados: Iker, Manuel e Jesús
Benxamís
UD Ourense 0-2 CDC Santa Teresita
UD Ourense «B» 1-3 CD Rúa
Debut ligueiro do benxamín «B», que se saldou con derrota diante da Rúa. Os nosos comezaron anotando os 3 minutos de xogo, gracias a un tanto acadado por Martín. Con vantaxa e ocasións para anotar máis tantos, chegaríamos o descanso. Xa na segunda metade o Rúa anotaba o empate o pouco de comezar. De ahí o final, moita igualdade, que decidiron os visitantes nos últimos 6 minutos con 2 novos tantos, que sentenciaban o choque. Partido para aprender e seguir crecendo.
Xogadores Destacados: Alba, Martín e Fabio.
Prebenxamís
UD Ourense 1-5 AD Bosco
Debutaban os prebenxamís en competición diante do AD Bosco, pero non puideron sacar un resultado positivo. Adiantáronse os visitantes no marcador os 15 minutos e con 0-1 chegaríamos o descanso. Xa na segunda metade Hugo igualaba a contenda, pero os visitantes imporían a súa lei da man de Mauro, que anotaba outros dous tantos, xunto cos marcados por Marcos e Mateo, que lle daban a vitoria o Bosco por 1-5.
Xogadores Destacados: Xurxo e Hugo
CDC Santa Teresita 12-1 UD Ourense «B»
Dura derrota do noso prebenxamín «B» na súa visita o Santa Teresita. Os nosos foron a remolque todo o partido e tan só o tanto de Pablo os 13 minutos de xogo deulle algo de emoción a contenda. Os vermellos suman a súa segunda derrota consecutiva da tempada e deben seguir crecendo.
Xogadores destacados: Pablo