Resumo da fin de semana para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova xornada ligueira para a nosa base, na que os resultados foron moi positivos, especialmente para xuvenís, infantís, benxamís e alevís. Descansaron o cadete B e o prebenxamín B. Derrota do cadete de galega.

Xuvenil

UD Ourense 5-1 CD Allariz

Vitoria incontestable do xuvenil adestrado por Agustín, que segue crecendo e progresando na táboa, nas súas aspiracións por acadar o salto de categoría. Os vermellos foron superiores o rival e puxéronse por diante os 5 minutos do encontro, gracias a un tanto do rival en propia porta. Os visitantes acadarían o empate e con ese resultado chegouse o descanso. Trala reanudación, chegaría o recital de goles vermellos, con tres anotados por Charly e un máis de Enrique dende o punto de penalti.

Xogadores destacados: Nico, Charly e Pazos.

Cadetes

UD Ourense 0-1 Ourense CF

Derrota dos cadetes no derbi provincial na Liga Galega Cadete. O conxunto vermello caeu na casa, na súa segunda derrota ligueira desta tempada. O Ourense CF impúxose gracias a un tanto acadado na  segunda metade. O partido estivo marcado pola igualdade e polas oportunidades das que gozaron ambos conxuntos, aínda que finalmente os visitantes acabaron por facerse coa vitoria.

Xogadores destacados: Sergi, Ruben e Álex

Infantís

CD Allariz 1 – 5 UD Ourense

Vitoria contudente do conxunto infantil na súa visita a Allariz. Os pupilos de Burno Gómez dominaron o xogo durante todo o encontro e basaron o seu estilo no dominio da posesión e nun xogo directo e vertical, buscando a meta rival. Gabri abriu o marcador no primeiro tempo e Mauro aproveitou un balón rexeitado para anotar o segundo antes do descanso. Xa na segunda metade, Mesfin e Adri anotarían outros dous tantos e os locais farían o da honra, antes de que Hugo fixera o quinto e definitivo.

Xogadores destacados: Álex Conde, Adrián e Mario.

UD Ourense «B» – EDC Barbadás «B»

A semana pasada non mercemos unha derrota tan abultada e nesta xornada gañamos un partido no que estivemos a remolque do Barbadás. En ningún momento tivemos o control do xogo. Sí hai que destacar, o carácter do equipo para non baixar os brazos a pesar da inferioridade que se viu empeorada cando a falta de 20 minutos os visitantes puñan o 0-1 no marcador. Lonxe de derrotismos levantaron cabeza e nos derradeiros minutos démoslle a volta ó marcador, gracias os tantos de Nacho e Noa.
Xogadores destacados: Noel, David , Rego e Noa.
Alevís

UD Ourense 3-0 Ribeiro FC

Vitoria para o noso primeiro equipo alevín, o que supón a terceira consecutiva da tempada, que serve para aupar os nosos na táboa e achegarse o grupo de cabeza. A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos contendentes, que desputaron a posesión e tiveron ocasións para adiantarse. Xa na segunda metade, os vermellos impuxeron a súa lei e os goles Yago, Lucas e Jacobo en dez minutos, deixaron o partido sentenciado.

Xogadores Destacados: Mario Gómez, Jacobo e Lucas.

EDC Celanova 4-0 UD Ourense «B»

Terceira derrota da tempada que acada de forma consecutiva o alevín «B». Desta vez, o viaxe a Celanova saldouse cunha dura derrota, nun partido no que eso sí, os nosos deron a cara, especialmente na primeira metade, na que gozaron de ocasións de adiantarse e mesmo de acadar o empate tralo primeiro tanto local. A EDC Celanova subiou o ritmo no segundo período e acabouse por levar a vitoria, o anotar tres tantos máis.

Xogadores Destacados: Martin, Yeray e Aday

UD Ourense «C» 9-1 A Peroxa FC

O terceiro equipo alevín segue imparable e conta os seus partidos por vitorias. A fin de semana chegou a cuarta consecutiva, cunha vitoria contundente diante do Peroxa. Un tanto de Pablo, dous de Roi, Mateo e Iago déronlle a ventaxa os nosos, que se foron o descanso vencendo por 5-0. Trala reanudación chegaron 4 novos tantos acadados por Nico, Mateo, Iker e Pablo. Os vermellos abren oco na táboa, con 5 puntos de vantaxe sobre os inmediatos perseguidores.

Xogadores Destacados: Roi, Pablo e Mateo

Benxamís

UD Ourense 7-1 CD Allariz

Contundente vitoria do benxamín, a primeira da tempada fronte a un rival directo da parte baixa da táboa. Tras tres derrotas consecutivas, os nosos recuperaron a sorrisa cun triunfo incontestable. Gael e Tiago anotaron os dous primeiros tantos nada más iniciarse o encontro. Recurtaría diferencias o conxunto alaricano, que rápidamente voltou recibir dous novos tantos en contra, obra de Adrián e outro en propia. Xa na segunda metade, tres tantos de Carmine déronlle a sentencia os locais.

Xogadores Destacados: Unai, Tiago e Gabriel.

UD Ourense «B» 6-0 CF Monforte

Segundo triunfo consecutivo do segundo equipo benxamín diante do Monforte. Os n osos siguen progresando tralo tropezo inicial e non deron opción o rival. Lucas e Martín puxeron por diante os nosos antes do descanso. Xa na segunda metade Gabriel, Lucas novamente, Hevert e Fabio culminaron o resultado final.

Xogadores destacados: Lucas, Fabio e Dani.

Prebenxamís

UD Ourense 0-0 CD Velle

Empate sen goles do nosos prebenxamín, no seu encontro fronte o CD Velle. Partido moi desputado e con opcións para ambos equipos, pero no que a igualdade dende o primeiro minuto, non permitiu que o marcador se movese. houbo bo fútbol, ocasións e paradas dos porteiros, pero o gol resistiuse. Novo punto que suman os nosos.