Gran fin de semana para a nosa base, na que o alevín «C» conquistou o título de Liga tras unha nova vitoria. Os xuvenís tamén sumaron 3 valiosos puntos para seguir líderes. Venceron tamén os dous equipos cadetes, o infantil A, o alevín «A», o alevín «B», o benxamín «A» e o prebenxamín «A». 9 vitorias ourensás en 12 encontros que desputaron os nosos equipos da base.
Xuvenil
Calasancio «B» 2-3 UD Ourense
Vitoria moi traballada do xuvenil que dirixe Agustín. Os nosos tiveron que sufrir para dobregar a un combativo Calasancio, que comezou adiantándose no marcador os 4 minutos de xogo. Xoel faría o empate no ecuador da segunda metade e Manuel anotaría o 1-2 antes do descanso. Os monfortinos, a pesares de ocupar a parte baixa desta táboa polo playoff polo título, non se renderon e voltaron igualar a contenda iniciada a segunda metade. Carlos, no 86, daría a vitoria os vermellos, que siguen líderes con 3 puntos de vantaxe sobre o Chantada.
Cadetes
Porriño Industrial 1-3 UD Ourense
Vitoria importantísima do cadete de Galega en Porriño. Os nosos fixéronse con 3 puntos moi importantes na súa loita por escapar dos postos de descenso e recurtan distancias cos seus antecesores, agás Portonovo e Salgueiriños, quenes tamén sumaron 3 puntos. Anxo abría o marcador para os nosos os 15 minutos, pero os locais igualaban 4 minutos despois. Na segunda metade, romperíase o encontro e os tantos de Calviño e Sergio deixarían o partido visto para sentencia.
UD Ourense «B» 9-0 SD Arrabaldo «B»
Contundente vitoria do cadete que adestra Luis González e que se estreaba na segunda fase do sistema de liguilla da Copa. Os vermellos non deron opción o rival dende o comezo e impuxeron a súa lei. Bruno e David, con dous tantos nos 3 primeiros minutos de xogo, declinaron o encontro. Hugo, David, novamente, Manuel e Donovan verían porta antes do descanso, para marchar os vestiarios cun contundente 6-0. Xa na segunda metade, os tantos de Marco, Miguel e Iago remataron por decidir o marcador. 3 puntos e liderato para comezar.
Infantís
UD Ourense 3-1 Pabellón CF «B»
Vitoria do infantil de Bruno no seu encontro ligueiro do playoff polo título. Os nosos sumaron 3 puntos moi importantes ante un rival que nos precedía da táboa. O encontro estivo marcado pola igualdade inicial. O gol tardou en chegar, pero dous tantos consecutivos permitiron que os vermellos marchasen o descanso cun 2-0. Os pabellonistas recurtarían na segunda metade, pero a resposta ourensá tardou 6 minutos en chegar. Con este resultado, os nosos sitúanse a 8 puntos dos postos de acceso o playoff de ascenso a galega.
EDC Barbadás «B» 5-1 UD Ourense «B»
Derrota do segundo equipo infantil, no seu partido correspondente o sistema de liguilla da Copa da categoría. Os nosos que comezaron a primeira xornada sumando un punto, non foron quen de traerse algo positivo de Os Carrís. O Barbadás impuxo a súa lei dende o comezo e marchou o descanso vencendo por 3 a 0. Xa na segunda metade, anotarían un cuarto tanto e pouco despois Daniel faría o da honra vermella, que tería resposta nun novo tanto azulón 2 minutos despois.
Alevís
Ribeiro FC 2-3 UD Ourense
Vitoria moi traballada do equipo alevín adestrado por Álex Castro na súa visita o Ribeiro. Os nosos manteñen a estela dos de cabeza e seguen a 6 puntos do cuarto clasificado, posición que da acceso a xogar o campionato galego. Os nosos marcharon o descanso vencendo por 0-3, pero os locais recurtarían as diferenzas na segunda metade, con dous tantos que lles darían alas na procura do empate, que sen embargo non chegou. Boa vitoria para repor forzas tralo tropezo da semana anterior.
UD Ourense «B» 5-3 EDC Barbadás «C»
Vitoria do segundo equipo alevín no seu partido ligueiro en Miraflores, que lles permite os vermellos seguir segundos a 3 puntos do líder. Os nosos superaron o Barbadás «C», nun encontro no que os vermellos se foron o descanso cun marcador de 3-0. Na segunda metade anotarían o cuarto e o quinto, namentres que os azulóns disporían dos millores minutos cara o final, o que lles permitiu anotar 3 tantos.
UD Ourense «C» 2-0 EDC Celanova «B»
Nova vitoria do alevín «C», que ademáis fíxose co título de liga tras superar o EDC Celanova «B» en Miraflores. Os nosos foron moi superiores o rival e fixéronse cun novo triunfo, o décimosexto no que vai de liga. O descanso os vermellos xa vencían por 1-0 e farían o segundo no comezo do segundo acto. O luminoso xa non se movería e os nosos pequenos cantaban o alirón con 6 xornadas todavía por desputarse.
Benxamís
CD Allariz 2-10 UD Ourense
Vitoria importantísima do benxamín, que escala dúas posicións na táboa e segue a 4 puntos dos postos que dan acceso o sector galego. Os nosos amosaron que todavía poden loitar por ese soño e fixeron un gran encontro, no que foron moi superiores e no que o descanso vencían por 0-3. Na segunda metade, o festival anotador dispararíase con 7 novos tantos do Ourense e 2 do Allariz.
Pabellón «B» 6-1 UD Ourense «B»
Derrota do segundo equipo benxamín na súa saída Os Remedios. Os nosos non puideron co cuarto clasificado, o Pabellón «B», que impuxo a súa lei dende o comezo e rematou por levarse a vitoria por 6-1.
Prebenxamís
A Peroxa CF 0-9 UD Ourense
Contundente vitoria dos prebenxamís na súa visita a A Peroxa. Os vermellos marcaron as pautas dende o comezo e marcharon o descanso cun marcador favorable de 0-3. Na segunda metade chegarían outros 3 goles e 3 puntos que permiten os nosos escalar posicións na táboa.
CF Monforte 10-0 UD Ourense «B»
Derrota do prebenxamín «B» na súa visita o Luis Bodegas para enfrontarse o CF Monforte. Os nosos, a pesares do mal tempo e do resultado, sairon moi contentos e siguen aprendendo moito. Un exemplo de amor polo fútbol, como amosa a seguinte imaxe.