Boa fin de semana para a nosa base, na que os conxuntos xuvenil, infantil A e Infantil B acadaron as súas respectivas vitorias. Derrota do cadete B, pero deixando unha boa imaxe. O cadete de galega acadou un valioso empate.
Xuvenís
UD Ourense 3 – 0 Sporting Celanova
Vitoria incontestable dos xuvenís que adestra Agustín diante dos nosos amigos do Celanova. Segunda consecutiva para os vermellos, que se meten de cheo nos postos de cabeza con 7 puntos acumulados. A primeira metade estivo marcada pola igualdade, aínda que os nosos amosaron un punto máis de superioridade no dominio do coiro. Os visitantes gozaron dunha clara ocasión a saída dun córner, pero o remate marchouse fora.
Pousa abriu o marcador antes do descanso, aproveitando un saque de curruncho. No segundo rempo baixou o ritmo do encontro, con moitas interrupcións no xogo. Kike anotou os dous tantos restantes, un deles de penalti e o terceiro nunha xogada por banda.
Xogadores destacados: Nico, Carlos e Javi
Cadetes
UD Ourense 2 – 2 Colegio Hogar S.R.
Partido marcado pola igualdade e no que os pupilos de Vilachá e Valderas suman o seu segundo punto do campionato en tres encontros. Aitor adiantou os nosos os dez minutos de xogo, nunha primeira metade na que gozamos de máis oportunidades para irnos o descanso cunha mellor renta.
Xa na segunda metade o Colegio Hogar acadaría o empate o pouco da reanudación. Kevin voltaría a por os nosos por diante os 8 minutos, pero un penalti a falta de 15 para o final deulle o empate o conxunto colexial.
Xogadores destacados: Aitor e Kevin
CD Arenteiro «B» 4 – 2 UD Ourense “B”
Tropezo do filial cadete na súa visita A Uceita. A primeira metade estivo marcada polo dominio dos nosos, con continuas chegadas sobre a meta do Arenteiro, dispondo de moi boas ocasións. Os carballineses aproveitaron dúas xogadas en longo, con balóns a espalda da zaga para anoptar dous tantos, que supuxeron un mazazo para os pupilos de Luis González. Os nosos seguiron sendo superiores en xogo e de aí chegou o noso tanto por medio de Donovan.
A segunda metade segiu o guión da primeira con claro dominio no xogo do noso equipo, pero perdoando as ocasións para empatar. O equipo arriscou e o Arenteiro aproveitouno para facer dous novos tantos. Marcos nos minutos finais maquillou o resultado.
Xogadores destacados: Donovan e Marcos.
Infantís
CDC Santa Teresita 1 – 2 UD Ourense
Primeiro partido de liga no que os nosos infantís sumaron a súa primeira vitoria por 1-2, despois de xogar fai dúas semanas contra o mesmo e equipo e eliminalo da Copa. Esta vez a vitoria chegou con máis sufrimento. O descanso os nosos impúñanse por 0-2 gracias os tantos anotados por Gabri e Hugo.
Xa na segunda metade, chegou o gol do Santa Teresita, no minuto 54. Os de Bruno Gómez dispuxeron de varias ocasións para aumentar as diferencias, pero tamén tiveron que exprimirse o máximo en defensa para evitar o tanto do empate. O final vitoria e 3 primeiros puntos no debut ligueiro.
Xogadores destacados Gabri, Jorge e Iker
UD Ourense «B» 2 – 1 CF Monforte «B»
Partido moi igualado no que puido gañar calquera. Os dous equipos repartíronse o dominio do balón, pero foi o Monforte quen se adiantou no marcador. Dous minutos antes do descanso aproveitaron un rexeite dun córner para marcar o 0 a 1.
Os nosos infantís saíron coa intención de dominar a segunda parte , e aos 12 minutos, xa deramos a volta ao marcador con dous goles de Serrano, un de penalti e o outro de vaselina por encima do porteiro.
Os últimos 20 minutos de partido mantiveron a incerteza do marcador, que finalmente deixou o tres puntos en Miraflores.
Xogadores destacados: Santi, Nacho e Serrano
Fútbol 8
O fútbol 8 prosigue coa sua pretempada a expensas do inicio de competición e deixounos os seguintes resultados.
Alevín
EDC Celanova 3 – 3 UD Ourense «B»
Peroxa CF 4 – 1 UD Ourense «C»
Benxamín
EDC Celanova 4 – 3 UD Ourense
Prebenxamín
Peroxa CF 5 – 6 UD Ourense «B»