Resumo da xornada para #ANosaBase

con No hay comentarios

Nova fin de semana de fútbol e nova fin de semana de ilusión, goles, espectáculo e moita diversión, que o final é o máis importante para os nosos. A canteira segue respondendo e sumando aventuras pola provincia.

Xuvenís

Soutopenedo CF 0-10 UD Ourense

O xuvenil segue sumando de 3 en 3 e voltou a lograr unha contundente vitoria na súa visita a Soutopenedo. Os vermellos foron moi superiores o seu rival e amosárono dende o comezo. Benji abriu o marcador no minuto 13 e Noé anotou o segundo 5 minutos despois. 3 goles de Enrique, 4 de Óscar e 1 de Alberto permitiron os vermellos concluir a goleada, que os deixa en terceira posición a 2 puntos do Antela, que é lider e a 1 do Chantada, que vai de segundo. As opcións de ascenso seguen intactas o manter os postos que dan acceso a liguilla final. Os ourensáns son o conxunto menos goleado da categoría e o cuarto máis realizador.

Xogadores destacados: Óscar, Kike e Benji.

Cadetes

UD Santa Mariña 0-0 UD Ourense

Novo empate do conxunto de liga galega, que parece abocado as táboas nesta tempada. O conxunto adestrado por Vilachá suma 6 empates no que vai de liga, por 2 derrotas e outras tantas vitorias. Neste caso, os vermellos sumaron un novo punto na súa visita o Santa Mariña, equipo que nos precedía na táboa con 2 puntos de marxe. Non foi un partido moi vistoso, pero sí intento e con algunhas ocasións para ambos conxuntos, pero na que as defensas e cancerbeiros impediron que o marcador se movera. Con este resultado, o conxunto vermello sitúase en 11ª plaza con 12 puntos con 3 de vantaxa sobre o descenso e reencontrándose cun punto, despois da derrota no derbi fronte o Ourense CF.

Xogadores destacados: Álvaro, Álex e Rubén.

CD Velle 6-2 UD Ourense «B»

Derrota do cadete «B» adestrado por Luis González. Os vermellos sufriron ante un dos conxuntos da parte alta da táboa, que superou os nosos a pesar dun inicio desputado. Os locais adiantáronse no marcador, pero Hugo acadou o empate os 24 minutos. O Velle voltou anotar dous tantos que os puxeron por diante o descanso, cun marcador de 3-1. Xa na segunda metade, os locais anotarían o cuarto tanto e David faría o segundo das nosas filas, antes de que os de branco firmasen o 6-2 definitivo. Os nosos quedan en 10ª posición con 4 puntos.

Xogadores destacados: Donovan, Hugo e Iago Laranjo.

Infantís

UD Ourense 5-1 EDC Celanova

Nova vitoria do primeiro equipo infantil, esta vez diante da EDC Celanova. Os nosos foron moi superiores dende o comezo e marcaron moi ben os tempos do partido. Mesfin adiantaba os locais os 3 minutos de xogo e Hugo facía o segundo 6 minutos despois. Con 2-0 chegouse o descanso e trala reanudación chegarían o resto de tantos. Mesfin novamente facía o terceiro e Gabriel anotaba o cuarto. Cando o partido chegaba o seu fin, Sol firmou a manita e o Celanova anotou o tanto da honra. Vitoria que permite os nosos seguir na parte alta da táboa, concretamente en cuarta posición, empatados a puntos cos segundos e os terceiros. e a 3 do líder.

Xogadores destacados: Mesfin Sol e Marcos.

Peroxa CF 2-8 UD Ourense «B»

Triunfo dos infantís na casa do Peroxa que lle serve para situarse na segunda posición da  táboa. A primeira parte foi discreta porque o equipo saiu demasiado relaxado. A Peroxa adiantouse no marcador cun 2-0 nos primeiros 15 minutos, o que nos puxo o partido costa arriba. A partir de ahí comezou outro encontro para un adormilado equipo infantil. Chegouse ó descanso con empate no marcador e na reanudación tomaron o control do partido os nosos, que lle deron a volta o resultado. Ignacio, David, Daniel, Noa por partida dobre e Pablo cun hattrick, foron os autores dos tantos vermellos.
Xogadores Destacados : Aarón, Rego e Serrano
Alevís

SDC Arrabaldo 3-6 UD Ourense

Vitoria do nosos primeiro equipo alevín na súa visita a Santa Cruz. Os nosos puxéronse por diante dende o principio e marcaron os tempos do partido. Yago abriu o marcador no minuto 3 e Mario ampliaba distancias no 7. Jacobo faría o terceiro no 11 e Mario o cuarto no 16. Resultado que prácticamente deixaba o encontro visto para sentencia. O Santa Cruz reaccionou na segunda metade, reducindo as diferencias, pero dous novos tantos dos vermellos impedían a reacción en busca do empate e dábanlle a vitoria os nosos cativos. O equipo adestrado por Álex é 3º con 12 puntos a 3 do segundo clasificado e a seis do líder, que conta cun partido máis.

Xogadores destacados:  Lucas, Jacobo, Yago Sotelo e Yerai.

UD Ourense «B» 2-5 EDC Verín «B»

Derrota do segundo equipo alevín na casa fronte o filial das escolas deportivas de Verín. Os nosos adiantáronse no marcador por mediación de Juan, pero 3 nefastos minutos permitiron os visitantes anotar 3 tantos, unha renta difícil coa que lidiar. Aday voltaría a recurtar diferencias, pero a EDC Verín facía o cuarto antes do descanso. Na segunda metade, os vermellos tentaron recurtar as diferencias, pero o marcador xa non se movería, salvo por un tanto que anotaron os visitantes nos instantes finais. Os nosos quedan en 5º lugar na táboa con 3 puntos, tras acadar 1 vitoria e 4 derrotas nas xornadas desputadas.

Xogadores destacados: Juan Ignacio, Aday e Pablo Delgado.

EDC Barbadás «B» 4-5 UD Ourense «C»

Quinta vitoria en 5 partidos para o terceiro equipo alevín, que segue comandando a táboa tras un gran encontro nos Carrís. Os Barbadás foi un duro oso de roer e os nosos deberon suar para superar o seu rival. Roi abriu a veda os seis minutos de encontro, pero os locais empataban 2 minutos despois. Carlos Manuel voltaba a poñer os nosos por diante e antes do descanso, Pablo faría o terceiro, con réplica do Barbadás en forma de gol, para chegar o descanso cun marcador de 2-3. Un gran inicio da segunda metade propiciou dous novos tantos vermellos, por mediación de Roi e Xabier. Os azulóns recurtaron diferencias con dous tantos en dous minutos e o partido púñase 4-5, pero xa non se movería.

Xogadores destacados: Roi, Xabier e Pablo.

Benxamís

SDC Arrabaldo 2-2 UD Ourense

Novo punto acadado polo noso Benxamín, pero cun sabor agridoce polos méritos feitos polo equipo durante o encontro. A primeira metade comezaría con certa igualdade no xogo nos minutos iniciais, pero pouco a pouco os vermellos fixéronse co dominio da posesión e do xogo. Sen embargo, un moi dubidoso penalti en contra faría que os locais se adiantasen no marcador. Aínda así, o equipo continuou a levar o peso do encontro, acadando o empate antes do descanso por medio de Gael. A segunda metade continuaría coa mesma tónica da primeira, cun bo xogo combinativo pola nosa parte, o que se traduciría en varias chegadas o área do Arrabaldo, facendo RolDanny, nunha delas, o segundo tantoe poñéndonos, así, por diante no marcador. De ahí o final, o Arrabaldo buscou o empate cun xogo máis en longo, tentando crearlle problemas a nosa defensa, pero que solventábamos con seguridade. A pesares diso, nunha falta lonxana, outra vez no último minuto coma sucedera en Verín, os locais lograrían un empate que non facía xustiza cos nosos méritos.

Xogadores destacados: Anxo Álvarez, Nico, Unai e Iñaqui. 

AD Bosco «B» 0-3 UD Ourense «B»

Vitoria do segundo equipo benxamín, nun encontro moi especial, o visitar as rapazas do EFF Rosalía para desputar o encontro. Os nosos comezaron con dominio do coiro e froito deso, Lucas Gil anotaba o primeiro do encontro no minuto 8 de partido. Alexis no 20 ampliaría as distancias e xa na segunda metade, sería Aleixo o encargado de facer o terceiro e definitivo. Gran día e ambiente no partido e 3 novos puntos que deixan os nosos en segundo lugar, a 3 puntos do líder, o Rúa, que segue intratable.

Xogadores destacados: Lucas Gil, Alexis e Aleixo.

Prebenxamís

CD Arenteiro 0-11 UD Ourense 

Cuarto partido que desputaba o noso primeiro equipo prebenxamín e segunda vitoria da tempada, que os sitúa en 4ª praza con 7 puntos, a un so dos postos que dan acceso a liguilla final para poder acceder a fase galega. Os nosos foron moi superiores o Arenteiro, que se viu desbordado co gran inicio dos vermellos, que acadaron 4 goles nos 5 primeiros minutos de xogo, por mediación de Sebastián, Hugo e Mateo por partida dobre. O propio Mateo faría dous novos tantos antes do descanso, que sumados a un de Daniel, daríanlle os ourensáns unha vantaxe de 7 goles. Xa na segunda metade, dous novos tantos de Daniel, un de Iker e outro de Adrián daban por pechada a goleada.

Xogadores destacados: Mateo, Hugo e ambos Danis.

UD Ourense «B» 0-9 A Peroxa CF

Dura derrota do segundo equipo prebenxamín na casa fronte A Peroxa na quinta xornada ligueira. Os nosos víronse sorprendidos por un rival que foi moi superior e marcou o ritmo do partido dende o comezo. Os nosos nada puideron facer ante o poderío rival e acabaron sucumbindo. Desta forma, os vermellos seguen sen coñecer a vitoria e son os pechacancelas da táboa, pero cabe recordar que nesta categoría formativa o máis importante é a diversión e crecemento dos cativos.

Xogadores destacados: Xairo, Yeray e Nelson