A UD Ourense empata na súa visita copeira o Ribeiro FC. Os amárelos adiantáronse na primeira metade por mediación de Toti, pero Alfredo logrou a igualada a 14 minutos para o final. Pouco fútbol e partido moi trabado nun campo que non se presta para florituras.
Chegaba o debut copeiro e no seno da UD Ourense afrontábase con moita ilusión. O conxunto de Currás aspira a lograr o entorchado que falta nas súas vitrinas e saben que esta pode ser a última oportunidade para logralo. Tamén se enganchou a afección, que viaxou ata terras do Ribeiro para seguir o partido e que se atopou cunha sorpresa en forma de prezo da entrada, 8 euros, que tiveron que pagar ata xogadores non convocados.
Centrándonos no fútbol, pouco que salientar. Agardábase un partido trabado, con moitas interrupcións e sen grandes aportacións futbolísticas e finalmente esa foi a tónica xeral. O Ribeiro impuxo a súa lei na súa casa, coñecedores do seu campo e aproveitando as súas armas. Sairon moito mais intensos en ataque e Toti os 14 minutos de xogo adiantaba os locais.
Currás, que apostou polas rotacións, saiu o campo cun esquema de 4-3-1-2. Xurxo debutou no lateral dereito, Oli xogou no esquerdo con Tito Currás e Julio Martínez coma centrais. Samuel defendeu a meta. Por diante, no posto de mediocentros, Aitor Martínez desputou os primeiros minutos da tempada, secundando a Germán e a Omar. Por diante o gol encomendouselle a Adrián e Unai.
Coa ventaxa no marcador, os locais aproveitaron para facerse co control e replegarse en tarefas defensivas. O Ourense tentábao dende lonxe, pero sin fortuna. Nin Germán, nin Bruno, nin Adrián pudieron aproveitar os seus tiros lonxanos para sorprender o meta Pablo. Os locais, sen embargo, tiveron as máis claras para incrementar a súa vantaxe. Primeiro o longueiro repeliu unha ocasión de Isma, que se anticipou a Currás e a piques estivo de facer o segundo. Pouco despois, Samuel evitaba o gol cunha gran man a un disparo de Álex envenenado. A máis clara dos vermellos na primeira metade tivoa Julio Martínez nun testarazo, pero Pablo detivo sen problemas.
Xa na segunda metade, chegaba o primeiro cambio. Currás daba entrada a Fran Martínez en detrimento de Bruno e o de Verín tivo a primeira nun remate rexeitado a saque de curruncho. O Ourense parecía millor plantado e as ocasións comezaban a chegar. Un centro de Xurxo peinouno Unai de cabeza para a chegada de Oli, pero cando este se dispuña a rematar, a zaga evitaba o disparo. O técnico decidiu entón dar entrada a Alfredo por Xurxo, un dos máis destacados da primeira metade, en busca dun revulsivo ofensivo. Tamén entraba Hugo en detrimento de Aitor Martínez e o Ourense lanzábase o ataque total.
O premio chegaría co tanto de Alfredo, que devolvía a igualada a contenda. Adri puña un centro o área, que recibía a Alfredo, que tras regatear a Pablo, marcaba a placer. De ahí o final, os vermellos fóronse o ataque en busca do segundo, pero o tempo transcorría e o gol non chegaba. Unai tentouno de chilena, pero sen fortuna e pouco despois novamente cunha xogada individual, tras romper a dous rivais e toparse co cancerbeiro. Xa no último intre, Samuel evitaba o gol dos locais nun man a man.
Con empate chegouse o final do encontró e todo queda aberto para decembro, cando se desputara o choque de volta no estadio de O Couto.