A UD Ourense arrinca a súa andadura na Copa Deputación rendendo visita o Ribeiro FC. Os unionistas teñen moitas esperanzas postas en acadar este torneo, que xa lograron na súa modalidade de Segunda e Terceira Autonómica. San Cristovo acollerá a partir das 17:30 horas o envite de ida dos oitavos de final.
Volta a Copa e no seno ourensanista xa hai ganas de redimirse coa eliminación da tempada pasada a mans do Bande. Ano novo, vida nova e ganas de alzar un título que todavía non luce nas vitrinas do clube e que non puido lograrse a pasada tempada. Si o fai o seu homólogo de Segunda e Terceira Autonómica, que busca compañeiro nas vitrinas do conxunto unionista. Esta podería ser a última participación, polo que toca porse as pilas. Un futuro ascenso a Terceira non permitiría os ourensáns participar na competición.
Os de Fernando Currás chegan o encontro coa moral recargada trala vitoria fronte o Marcón Atlético, pero tamén coa lección aprendida de que non se pode relaxar. O rival é un vello coñecido como o Ribeiro, co que a pasada campaña desputouse o ascenso e o que superamos na clasificación e que nesta nova tempada volta compartir categoría cos vermellos.
O rival contará ca ventaxa do terreo de xogo de San Cristóbal o que se adaptan moi ben e no que desplegan o máximo o seu estilo de xogo. O terreno de herba natural e pequenas dimensións beneficia os locais, pero permitirá os vermellos desplegar o seu xogo.
Fernando Currás optará polas rotacións e por dar descanso a futbolistas coma Corzo, Codeso ou Pato que o xogaron todo. Samuel ocupará o posto baixo paos, debutando en partido oficial esta tempada. Tamén terán minutos xogadores coma Xurxo ou Aitor Martínez, inéditos ata o momento. Omar, Tito Currás, Julio Martínez, Unai ou Bruno tamén sairán de inicio.
Agárdase un bo desprazamento da afición unionista que arrojará os seis neste debut copeiro, aproveitando a xornada festiva.