Gran nova para todos os ourensanistas. Rubén Durán decidiu renovar unha tempada máis pola Unión Deportiva Ourense. Agora afrontará o reto de xogar na Preferente despois de involucrarse co club na Primeira Autonómica, onde foi un dos xogadores máis destacados do equipo.
Aos seus 33 anos atópase con forzas e ilusión de seguir xogando no equipo ourensanista. Recoñeceu que tivo outras ofertas pero que non o pensou cando lle foi ofrecida a renovación. A súa ilusión é conseguir un novo ascenso que acerque ao club ao fúbol profesional.
Esta é a primeira pedra dun cadro de xogadores que vai a ilusionar aos afeccionados e a loitar polo ascenso á 3ª División, algo moi complicado pero que co apoio dos nosos seareiros tentaremos acadar.