Rubén García seguirá adestrando ao equipo feminino

con No hay comentarios

Rubén García continuará como adestrador do equipo feminino unha tempada máis. Será a terceira, dende a creación do equipo, no cargo.

Na primeira tempada conseguiu o ascenso á 1ª Autonómica e a Copa Deputación, nesta clasificou ao equipo na terceira posición estando pendente a disputa da Copa, na que se enfrontarán en primeira rolda ao Sárdoma B en Vigo a partido único.

Destacar o gran traballo e o compromiso amosado por Rubén García e o seu equipo técnico na súa labor como adestrador do equipo feminino e co resto do club.

Foto: Iñaki Osorio (Faro de Vigo)