Fin de semana de fútbol en Salesianos e Oira

con 1 comentario

Esta fin de semana a maioría dos equipos do club xoga como locais. Os máis cativos xogarán en Salesianos mentres os mais grandiños farano en Oira.

O sábado ás 10 da mañá haberá un doble enfrontamento en Salesianos: o infantil B de José Manuel Pico e Abel Durán recibe ao Xinzo e o Benxamín C enfrontarase ao Bosco. Á mesma hora, pero no campo de Oira, o Xuvenil B recibe ao Monforte. Ao remate deste partido será o turno para o Xuvenil A que se medirá co Arrabaldo. Pola tarde tócalles aos máis cativos do Prebenxamín B xogar ás 16:00 contra o Ourense C.F.

O domingo pola mañá tamén haberá fútbol en Salesianos. Ás 10:00 da mañá comparten campo Alevín C e o Benxamín A que reciben a Velle B e Xinzo respectivamente. Ás 11:00 serán os do Alevín A os que se enfronten ao Calasancio.

O primeiro equipo, xa co ascenso no peto, intentará conseguir o domingo ás cinco da tarde no campo de O Marco, contra o Peroxa, os 3 puntos que lle permitirían recibir ao Bande co liderato en xogo.

O Feminino de Rubén, pola súa banda, visita o campo Luís Gorgoso en Lugo para enfrontarse á Milagrosa coa posibilidade de recortar distancia cos equipos de arriba. O primeiro e o segundo clasificado enfrontanse entre eles e o terceiro, que aventaxa ás nosas en 4 puntos, descansa.

One Response

  1. […] entrada Salesianos protagonista en los horarios aparece primero en Unión Deportiva […]