Sanxenxo 2-2 UD Ourense: 15 minutos máxicos propician a remontada vermella

con No hay comentarios

O Ourense non voltou de baleiro da súa visita a Sanxenxo gracias a dúas accións a 15 minutos para o final. Hugo García e Joni fixeron os tantos que permitiron os de Currás sumar un punto nun encontro que tiñan perdido por 2-0. Boa imaxe final tras un mal primeiro tempo.

O partido da xornada non puido rematar de mellor forma para os intereses do conxunto vermello. Os ourensás souperon darlle a volta a un encontro que estaba sentenciado por parte dos locais e no que os vermellos tiveron que tirar de casta para igualar e sumar un novo punto ante un rival directo e que foi moi superior durante gran parte do encontro.

Chegaba Fernando Currás con numerosas baixas debido as sancións e lesións. Josu, Corzo e Fran Martínez perdéronse o partido por mor das tarxetas amosadas no último encontro. A eles sumouse Omar, lesionado, polo que o técnico tivo que recompor o equipo, optando pola entrada de Codeso e Oli nos laterais e formando con Germán e Xurxo, a gran novidade, coma centrais. Na medular Julio Martínez ocupou o posto de mediocentro defensivo, acompañando a Luis, con Durán máis adiantado. O tridente ofensivo recaeu en Joni, Alfredo e Adrián.

Non comezaron ven os nosos, que concederon dende o primeiro momento moitas ocasións o cadro local, que aproveitou a verticalidade e rapidez dos seus extremos para facer moito dano a espaldas de Oli e Codeso. Os centros eran unha constante e os remates sobre a portería de Pato producíanse con facilidade, sen que naide puidese frenar a sangría.

En ataque, os vermellos estaban desaparecidos. Tímidas chegadas e pouco máis que engadir nuns primeiros minutos de tanteo, que se romperon tralo primeiro tanto do Sanxenxo, acadado por Hugo os 23 minutos de xogo. Alejandro Corrales facía o segundo 8 minutos despois e deixaba o partido prácticamente sentenciado.

Os locais, con dous goles no marcador, seguiron asediando nos ultimos minutos da primeira metade e puideron ampliar a súa renta. O Ourense parecía noqueado e so un remate de Rubén Durán que se marchou desviado, despertou os vermellos do seu letargo de 45 minutos. A reacción tería que esperar.

Tralo paso polos vestiarios, chegaron os primeiros cambios. Currás deu entrada a Carlos por Alfredo, que marchou con molestias do campo. O técnico vía como pasaban os minutos e o gol para recurtar diferencias non chegaba, así que decidiu apostar o forte e retirou a Germán para dar entrada a Hugo, quen a postre sería o xogador clave para sumar un empate en terra hostil.

Os vermellos tiveron que esperar non obstante os últimos minutos, cando os locais, cun marcador favorable, decidiron repregarse en busca de pechar as chegadas vermellas. Durán comezaba a trenzar o xogo e Hugo aportaba dinamismo en ataque, cun Carlos que segue crecendo a pasos axigantados e unha grada que pouco a pouco víñase arriba co empuxe dos seus.

Unha falta botada por Rubén Durán orixinou o primeiro tanto dos vermellos no minuto 75. Durán executaba e o balón era repelido, Codeso puña o balón o interior da área tras cazar o rexeite e Hugo empuxaba a placer o fondo da rede. Estallaba a parroquia vermella, un día máis, máis numerosa ca local.

3 minutos despois chegaría o segundo con Hugo García novamente de actor protagonista. O dianteiro centraba o interior da área onde apareceu Joni para enviar o coiro o fondo da rede. O xúbilo era xa total nas gradas de Baltar de Arriba, onde os siareiros ourensás, xa non deixarían de empuxar os seus ata o final.

Hugo e Durán puideron decantar a balanza nos últimos compases, aínda que os locais tamén tiveron opcións de anotar. Finalmente empate 2-2 e un punto para cada equipo. O Ourense abandona os postos de ascenso directo e recibirá o Erizana en O Couto para despedir o ano.