Sárdoma «B» 1-3 UD Ourense: Vitoria incontestable no debut en competición

con No hay comentarios
A UD Ourense feminina arranca a tempada con vitoria, tras superar o Sárdoma “B” por un contundente 1-3. Dominio absoluto das rapazas de Rubén García. Dana, Paci e Mónica anotaron os tantos das xogadoras vermellas.

Arrancaba a tempada do conxunto feminino da UD Ourense e non pudieron facelo de millor maneira, que con unha contundente vitoria ante un rival complicado, pero o que dominaron de principio a fin. Un monólogo do equipo vermello, que impuso a súa xerarquía e fíxose co dominio dende o minuto 1.

Debutaban nas filas ourensás dúas das novas fichaxes, Celia e Paula, ambas en idade infantil e cadete, e non defraudaron no seu primeiro compromiso. Tampouco as veteranas, que volveron xogar a un gran nivel, o que xa nos teñen acostumados nestes anos. Non transcurrirán nin 3 minutos cando Dana inauguraba o marcador cunha preciosa vaselina por riba da meta rival.

Foi o primeiro dos 3 da tarde, pero puideron ser moitos máis xa que a propia Dana e Hele, dispuxeron de dúas boas oportunidades para anotar, pero topáronse co pau, que rexeitaba o coiro e impedía que as rapazas de Rubén García ampliasen a súa renta. Non perdonaría Paci, que a salida dun saque de curruncho, cabeceaba a placer o fondo da rede e puña o segundo na conta das hoxe visitantes.

Con 0-2 chegamos o tempo de lecer e coa retirada prematura de Celia en detrimento de Aída, despois de recibir un golpe. Todo fai indicar, eso sí, que non será nada serio. Xa na segunda metade, máis do mesmo, dominio absoluto das nosas, cun pequeño impás no que o Sárdoma botouse arriba, aínda que sen xerar perigo. O paso dos minutos facía mella, tamén o calor, gran protagonista do día e que fixo que o ritmo de xogo baixara.

A falta de 15 minutos para o final, as locais recurtaban diferencias nunha xogada na que o balón rebotaba nas costas dunha rival, logo dun rexeite de Paula. Afortuna aliábase co Sárdoma, pero non serían capaces de aumentar a súa renta. Laura tivo o terceiro pouco despois, pero de novo o pau evitaba o tanto.

Cando xa nos achegábamos o final, Mónica tirou de galóns e tras romper a varias rivais plantouse diante da cancerbeira, a que tamén regateu, para anotar o terceiro das nosas. Vitoria incontestable da UD Ourense feminina, que supo sobreporse as baixas e suma os seus 3 primeiros puntos na competición.