SCD Milagrosa 2-1 UD Ourense: Primeira derrota do curso nun partido no que as ourensás mereceron máis

con No hay comentarios

A UD Ourense feminina caeu derrotada no seu compromiso ligueiro en terras lucenses. As pupilas de Rubén García mereceron millor sorte ante un equipo, a Milagrosa, que aproveitou as súas armas para facer dano en ataque e imporse as vermellas.

Chegaba a terceira xornada ligueira con dúas vitorias da UD Ourense e onte tocou probar o sabor agrio da derrota. As ourensás derono todo e mereceron millor sorte, pero topáronse cun equipo que aproveitou ben as súas millores armas e sacou partido dun campo no que o balón non bota da millor maneira posible e no que o tapete artificial beneficia a aquelas que están acostumadas a xogar nel.

Avisaba Feijoo na previa que sabían contra quenes se verían as caras e cales sería a súa estratexia e evidentemente, as locais sacaron rédito precisamente de eso. Balones colgados a espalda das defensas, fútbol moi directo e dúas dianteiras moi rápidas que conectaban co coiro en velocidade buscando a meta de Noe. O primeiro chegou os catro minutos, cando María abría lata logo dun derribo na área das ourensás. Penalti e gol para as albivermellas, que se puñan por diante o pouco de comezar.

As nosas gozaron de boas oportunidades para empatar o encontro. Hele foi das máis destacadas, dispondo de dúas boas ocasións, pero non acertou a definir e topouse tamén ca meta rival. A ausencia de Mónica foi unha dura baixa para as vermellas, que botaron en falta a súa capitana e a disputa de balón na medular e en saltos de cabeza. Pacy puido anotar tamén en dúas ocasións antes do descanso, pero topouse cas mans da gardarredes local.

Xa no segundo período chegarían novas oportunidades para as nosas e un novo tanto do Milagrosa os 10 minutos da reanudación, cun remate de Irene ante o que nada puido facer Noe. Volcáronse as ourensás en ataque, que reclamaron un par de penaltis que o colexiado obviou en sinalar. Tamén chegaban as ocasións, con Hele coma protagonista dos ataques e Dana xerando moito perigo en segunda línea.

Hele recurtaba distancias no 68, logo de picarlle por riba o balón a cancerbeira. O monólogo vermello era absoluto ata que o colexiado expulsou a Pacy a 10 minutos para o final e ahí morreron as opcións das rapazas de Rubén García. Derrota inxusta, pero cousas do fútbol. Agora toca reporse e recibir o UD Mos nos Remedios as 17:00 horas. As vermellas conclúen a xornada en sexta posición a 3 puntos das líderes.