SCD Milagrosa – UD Ourense: A pola terceira vitoria nun campo compricado

con No hay comentarios

A UD Ourense feminina afronta o seu terceiro encontro ligueiro da tempada, rendindo visita o Milagrosa. Ambos conxuntos contarán con numerosas baixas para este partido.

Tras dúas vitorias consecutivas nos dous primeiros compromisos domésticos, as rapazas de Rubén García afrontan unha nova xornada ca esperanza e a ilusión de sumar un novo triunfo que as manteña na parte alta da táboa. A tarefa, non obstante, non será sinxela, pois enfrente estará un equipo moi combativo e que presentará unha dura batalla, cun campo compricado, onde o balón bota moito e faise difícil desplegar o xogo habitual do combinado ourensán.

A Milagrosa chega o encontro con 1 punto de 6 posibles, logo de acada un empate en Mos no seu último compromiso ligueiro. O conxunto adestrado por Joaquín Blanco é un plantel moi xoven e que non conta con demasiadas integrantes. Seguen buscando incorporacións e a elo súmanse o capítulo de baixas, xa que a enfermería conta con varias futbolistas en tratamento e que non estarán dispoñibles para o encontro.

Pola súa banda, a UD Ourense segue pendente da súa capitana, Mónica, que caeu lesionada despois dunha dura entrada dunha rival do Tordoia. De momento, seguen esperando o resultado da resonancia do pasado venres, para saber definitivamente o grado da lesión e se se produciu a rotura do ligamento. De momento será baixa indefinida. A ela súmanse Emma e Lucía, tamén lesionadas. Aldara, Andrea e Silvia non entraron na convocatoria.

Rubén García adiantou a lista de convocadas para este partido que é a seguinte: Paula, María, Paci, Nerea, Jani, Hele, Aída, Laura, Celia, Noe, Dana, Cris, Zaira, Sofía, Loh, Feijoo.

Nova proba de fogo para as ourensás, que deberán superar a baixa moral da ausencia da súa capitana, pero a que seguramente quererán adicar unha nova vitoria. O obxetivo do ascenso pasa por sumar dende o principio e este encontro é outra boa oportunidade.