SD Bande 0-1 UD Ourense: «Duranazo» para decidir o derbi

con No hay comentarios

Un tanto de Rubén Durán da a vitoria a UD Ourense na súa visita a Bande. Partido intenso e completo entre dous equipos chamados a pelexar polo ascenso ata final de tempada. Os de Currás voltan sumar os 3 puntos fora da casa, algo que non sucedía dende a visita a Porriño.

Era o pai de tódolos partidos, tal e como avisábamos na previa e non defraudou a nadie. Un encontro deses que fan afección, que invitan a viaxar e no que a intensidade e os nervios tamén forman parte do xogo. O Bande converteuse a pasada tempada no rival a batir. Quixo o destino que fora o compañeiro de viaxe a Preferente e parece que tamén se postula para facer o mesmo rumbo a Terceira.

Foi unha tarde xélida, de frío, que anunciaba a chegada do inverno a Outeiro. O partido estivo marcado pola intensidade e especialmente polas defensas. Iván González, onte sancionado e na grada, apostou por 3 centrais, namentras que Currás optou pola parella Corzo, Codeso, con Germán exercendo de mediocentro defensivo. Ambos conxuntos amosaron moito respeto o rival, a primeira metade foi defeito de tanteo. Ningún dos dous conseguía imporse o seu rival e os achegamentos as metas eran escasos.

A UD Ourense trataba de trenzar e o Bande optaba polo xogo directo, colgado balóns o área e buscando opcións en segundas xogadas. Ambos porteiros amosáronse tranquilos, a igual que as súas zagas, que apenas deron opción os rivais durante os primeiros 45 minutos. A máis clara da primeira metade estivo nas botas de Germán, que lanzou un potente disparo dende fora que se marchou por alto. Pato evitou un intento branquivioleta en xogada de estratexia.

Xa na segunda metade, o partido abriuse un  pouco máis e houbo máis opcións para ambos. Rubén Durán foi o encargado de inaugurar o marcador, e a postre, anotar o único tanto do partido. O capitán ourensanista veu a Berto adiantado e optou por disparar dende a medular, un potente dereitazo que se colou pola escadra do gardameta, que non puido chegar o coiro.

Cun tanto por diante, o Bande tivo que virse arriba en busca do empate. Pato evitou o gol por dúas veces, detendo un remate de Lamelas e unha incursión de Rafita. Os locais quedaban ademáis cun home menos, despois da expulsión de Presas, por encararse cun grupo de afeccionados.

De ahí o final, pouco máis que reseñar, a seriedade primou sobre as ocasións e o marcador xa non se moveu. A UD Ourense volta a sorrir lonxe do Couto e suma a segunda vitoria a domicilio fora da casa. 3 puntos máis, segunda posición acadada e un golpe de efecto tralo tropezo en Pontellas. O próximo domingo, novo derbi no Couto fronte o  Nogueira.