A UD Ourense afronta mañá domingo un deses encontros marcados en vermello no calendario. Agarda o Bande, vello coñecido dos ourensáns e rival directo na loita polo ascenso.
Segundo derbi consecutivo o que vivirá a UD Ourense esta sema. Trala vitoria do mércores fronte o Ribeiro, agora chega o momento de viaxar a Bande para afrontar un novo compromiso ligueiro e un partido dos que xeran espectación e emoción, non en vano trátase do gran rival da pasada tempada, co que se pelexou o título de Liga e que deixou os vermellos fora da Copa.
Os de Currás afronosos o encontro coma unha reválida para acadar a segunda vitoria da tempada a domicilio. O técnico xa avisou de que afrontarán o partido coma un máis, tratando de illarse do de fora, que sempre sole ser un acompañante nesta clase de encontros. Ourensáns e bandenses atópanse separados na táboa por un único punto, polo que en caso de triunfo vermello, superarían o seu rival na táboa.
O Ourense chega a cita coa baixa confirmada de Pato, trala súa operación, que xa lle obrigou a perderse os últimos dous encontros ligueiros. O que sí que chegará, case seguro, será Luis. O mediocentro sufriu un golpe no último encontro, pero que evolucionou favorablemente. O técnico que aproveitou o partido fronte o Ribeiro para dar descanso a xogadores coma Durán ou German, apostará por un once habitual, ca dubida de se Germán actuará na medular e Durán en banda ou de central e Rubén na medular.
Enfronte estará o Bande, rival que o ano pasado deixounos fora da Copa e superounos na liga. Un conxunto o que os nosos coñecen ben. Os de Iván González non poderán contar para esta cita ca presenza de Hugo Domínguez e David Soares, sancionados. Tampouco poderá sentarse o técnico o que o comité de competición castigou con dous partidos.
Campo pequeno, ante un rival moi físico, que xera moito perigo na estratexia e acostuma a anotar nos instantes finais. Proba de lume a domicilio para un Ourense que quere seguir crecendo.