O partido estivo en todo momento condicionado polas dimensions do campo, que permitía poucos espacios para xogar. Sairian sen embargo moi ben as visitantes que monopolizaron o balon durante a primeira media hora. Nunha das primeiras aproximacions chegou o gol de Nerea tras un bo pase de Lo.
Seguiron apretando as ourensanistas, que dispuxeron de ocasión para ampliar a renda en botas de Zaira, Cris e Laura. A partir do minuto 30 baixaron o ritmo as visitantes, o que levou a algunha perdida de balon que non pasou a mais.
A segunda metade comezou co ritmo baixo das visitantes e, unha perda de balon tonta en campo rival, rematou nun balon longo que recibiu a dianteira local fusilando a Noe para facer o empate no unico tiro a porta das locais.
Logo duns minutos de desconcerto, as visitantes voltaron coller as rendas do encontro e dispuxeron ata o remate do mesmo de 6 moi claras ocasión de gol para romper a igualada, pero non estiveron atinadas as ourensanistas no remate. Emma en varias ocasions, Nerea. Laura ou Cris puderon marcar.
O vindeiro domingo visita os Remedios as 16:30 o Milagrosa.