SD Tordoia – UD Ourense: Partido compricado ante un correoso rival

con No hay comentarios

A UD Ourense visita o SD Tordoia a partir das 6 da tarde, coa intención de sumar 3 novos puntos e prolongar o seu bo arranque neste 2018. Jani, Moni, Aldara, Lucía e Feijóo non serán da partida.

Dous vellos coñecidos voltan a atoparse no camiño, despois dun encontro de que o encontro da primeira volta, quedase marcado pola dura entrada sufrida por Mónica, que acabou lesionada e estase a perder toda a tempada. Un encontró que dominaron as ourensás e na que impuxeron a súa lei, dominando o coiro e creando moitas máis ocasións.

Con ese encontró xa ben atrás na memoria, chega un novo partido ante un rival que na casa está facendo moi bo papel e que destaca polo seu poderío defensivo e por aproveitar as súas ocasións en ataque. O campo xoga un factor importante o seu favor debido as dimensións e o coñecemento do mesmo. Coma locais, o Tordoia acadou 4 vitorias, por un empate e unha derrota.

A irregulirade está sendo unha constante na tempada do Tordoia, que nos últimos 5 encontros sumou derrota, empate, derrota, vitoria e derrota respectivamente. 4 puntos de 15 posibles non é o mellor balance, pero as coruñesas marchan por ahora con 5 puntos de vantaxe sobre o descenso, polo que a confianza é máxima.

Partido compricado para un Ourense que ven de sumar 7 puntos dos últimos 15 en desputa e que venceu a pasada semana, deixando moi boas sensacións e remontando por dúas veces o resultado adverso fronte o Sárdoma “B”. As ourensás son sextas, co Mos a un punto e o seguinte clasificado a 6. Loitar pola quinta praza é un dos obxetivos a corto prazo, xa que a distancia co Umia é de 5 puntos.

Unha semana máis, as lesións e enfermedades voltan a ser a nota negativa na previa da xornada. Rubén García non poderá contar para o encontró con Moni, lesionada de larga duración, nin tampouco con Jani, Aldara e Lucía, con molestias. Feijóo tampouco será da partida por enfermidade, pero o técnico recupera a Celia para a causa.

A convocatoria confórmana as seguintes xogadoras: Noe, María, Pacy, Lo, Celia, Andrea, Sofía, Dana, Cris, Nerea, Aída, Laura, Silvia, Noa, Emma e Zaira.