Despois de consequido o ascenso á Preferente a xornada pasada toca seguir pelexando polos demáis obxectivos da tempada. Un deles é o título de liga, que despois do empate do Bande en Cortegada (2-2) a semana pasada está máis preto, xa que o líder tan só está a dous puntos e a xornada próxima terá que visitar O Couto.
Para elo haberá que gañar ao Peroxa, domingo 17,00 horas, no campo do Marco. Un campo do que gardamos moi boas lembranzas. Alí xogamos o primeiro partido da nosa historia a domicilio. Foi en 3ª Autonómica contra o Peroxa B e gañamos por 0-7. Esa mesma tempada visitamos na Copa Deputación B ao Peroxa, líder destacado do seu grupo de 2ª Autonómica e que acabaría ascendendo como campión, e gañamos por 0-4 nun dos mellores partidos da nosa historia. Tamén acudimos esta pretempada alí e tamén conseguimos a vitoria por 2-4. Bos precedentes pero que non servirán de nada cando comece a rodar o balón.
O equipo da Peroxa está na zona morna da clasificación con 36 puntos, moi cerca de acadar a salvación matemática. Pasaron unha xeira moi mala de resultados con oito xornadas sen coñecer a vitoria, pero recuperáronse nas tres últimas cun empate no difícil campo do Ribeiro (0-0) e dúas vitorias consecutivas ante Cortegada (3-0) e Taboadela (1-2). Na casa gañaron seis partidos, empataron dous e perderon seis. Foron o único equipo capaz de gañar ao Peroxa no que vai de tempada por 2-1. No partido da primeira volta vitoria ourensanista por 1-0 con gol de Unai.
Salientar que o noso ex xogador, o xuvenil Dani Pardo, fichou polo noso rival hai unhas poucas semanas.
Antonio Dacosta non poderá contar cos lesionados Hugo, Senén, Sergio e Toni. O once incial será o formado por Samuel na porta, que entrará en rotación con Lucas Sierra porque vai xogar a Copa e como premio polo seu traballo e compromiso; Otero, Julio Martínez, Tito Currás e Marcos Sotelo na defensa; Aitor e Omar no medio do campo; Fran Martínez e Cristian nas bandas; Rubén Durán na media punta e Unai como dianteiro centro. No banco estarán Lucas Sierra; Xurxo, Diego Pousa, Xaco e Adrián.
Foto: Ramsés (Periódico Barrios)