Sempre agradecidos a Unai e Omar

con No hay comentarios

Omar e Unai causan baixa de xeito oficial, despois da súa comunicación formal por parte do corpo técnico.

Despois da despedida de Xurxo e Tito Currás, no descanso do partido da final de copa Deputación, toca facelo agora con outros dous xogadores, que foron moi importantes e que o deron todo pola Unión Deportiva Ourense.

Foi un auténtico luxo e pracer poder desfrutar destes dous xogadorazos Ourensáns, que se embarcaron na categoría de segunda rexional para auparnos co seu traballo e talento á 3ª división. Dous auténticos cracks que son moi queridos e admirados, tanto por parte da directiva coma de toda a afección Ourensanista, e aos que sempre lle estaremos agradecidos.

A pesares de ter que despedilos coma xogadores, sempre terán as portas abertas na Unión Deportiva Ourense, por merecemento e porque son #DousDosNosos.

 

A continuación deixamos os seus rexistros, Unai e Omar en números:

OMAR

   PARTIDOS
MINUTOS
GOLES
LIGA              59
3.672
8
COPAS             16
1.111
4
TOTAL             75   (51 titular)
4.783
12


Tempadas:
3 (2015-2018)

Debú oficial: 18 outubro de 2015. En Amoeiro. Amoeiro 2-0 UD Ourense

Primeiro gol: 10 xaneiro de 2016. No Couto. UD Ourense 3-1 Arnoia. Omar anota o gol do empate cando a UD Ourense perdía 0-1.

Último partido: 17 de xuño de 2018. No Couto. Final da copa Deputación fronte o C.D. Velle (1-0).

  • 6º xogador con máis partidos e máis minutos na Historia do clube.

Títulos: 3 ascensos, 1 Liga de Segunda Aut., 1 Liga de Preferente Sur, 1 Copa Deputación, 1 Copa Deputación B. 

UNAI

   PARTIDOS
MINUTOS
GOLES
LIGA              62
3.070
13
COPAS             10
558
0
TOTAL             72   (40titular)
3.628
13

Tempadas: 3 (2015-2018)

Debú oficial: 27 decembro de 2015. Nas Eiroás contra Santa Teresita (Copa Deputación B). Santa Teresita 2-2 UD Ourense

Primeiro gol: 13 febreiro de 2016. No Couto. UD Ourense 4-0 Trives.

Último partido: 1 de maio de 2018: No Couto. Volta dos cuartos de final da copa Deputación fronte o Monterrei. Foi subsituido por lesión no hombreiro.

  • 7º xogador con máis partidos na Historia do clube.

Títulos: 3 ascensos, 1 Liga de Segunda Aut., 1 Liga de Preferente Sur, 1 Copa Deputación, 1 Copa Deputación B.