UNIÓN DEPORTIVA OURENSE FÉMINAS
Aquí poderedes ver unha pequena reportaxe gráfica cos activos do primeiro equipo feminino do club, ademáis da clasificación e resultados da semana. Unha das pezas fundamentais que temos e que tantas alegrías nos esta dando ultimamente. Rubén García está a conseguir mellorar día a día este equipo. Analízanos brevemente as caracteristicas do equipo.
"O equipo comezou a súa andaina na tempada 2015/2016. Arrincouse en segunda autonómica coa idea de dar continuidade ao futbol feminino tras a desaparición do Barbadas. Nesta tempada conseguiuse o ascenso a primeira autonómica ao quedar segundas clasificadas, sendo o equipo máximo goleador e menos goleado. Conseguiuse tamén gañar a final da primeira copa deputación contra o Rúa no Estadio de ou Couto. O equipo caracterízase polo seu xogo combinativo e a fortaleza defensiva, teño unha mestura de mocidade e experiencia nas xogadoras. Esta tempada milita en primeira autonómica disputando partidos por toda Galicia."
Reportaje Fotográfico