A visita ao campo do colista «A Tasca», o Xuventú de Aguiño, saldouse cunha vitoria, a sexta consecutiva das nosas rapazas por un claro 0-3.
O partido non tivo demasiada historia. Saída forte das ourensanistas que resolveron o partido en dous minutos. No minuto 12 Laura superaba a porteira local tras un roubo de balón de Dana, e no minuto seguinte foi Hele a que fixo un golazo dende medio campo ao superar á adiantada porteira do Aguiño.
Seguiu o dominio visitante ata o final do partido. Un dominio que só se concretou noutro gol na segunda metade. Novamente foi Hele a que superou á gardarredes local cun disparo dende o borde da área.
Co 0-3 chegouse ao final do partido. Sexta vitoria consecutiva que nos consolida na cuarta plaza pero que non permite recortar distancias coas tres primeiras clasificadas, que seguen sen fallar.
Alineación: Noe; Andrea, Lo, Pacy, María; Dana, Moni; Aida (Ches, 54´), Hele, Laura e Zaira (Aldara, 63´).
Xa que esta semana non temos galería fotográfica da xornada en Aguiño, a continuación deixamos unha reportaxe fotográfica realizada na xornada anterior por RAQUEL PARDO, á cal lle agradecemos a súa colaboración. Moitas grazas Raquel.
Galería fotográfica (preme sobre ela para ver as imaxes)
2 Responses
Sexta vitoria consecutiva das nosas en Aguiño (0-3) - Ourense Deportivo
[…] entrada Sexta vitoria consecutiva das nosas en Aguiño (0-3) aparece primero en Unión Deportiva […]
U.D. Ourense: Sexta vitoria consecutiva das nosas en Aguiño (0-3) - Ourense Deportivo
[…] entrada Sexta vitoria consecutiva das nosas en Aguiño (0-3) aparece primero en Unión Deportiva […]