As esperanzas de acadar o segundo posto, e soñar cun posible ascenso de categoría do equipo feminino, pasan por gañar en Vigo ao Valladares este domingo dende ás 12,00 do mediodía.
As viguesas estiveron loitando ata ben pouco polo primiero posto pero unha xeira de malos resultados nas últimas xornadas fai case imposible que o acaden. E ademáis vense amenazadas polas ourensanistas e polo Portonovo na loita polo segundo posto, xa que tan só lle sacan catro puntos aos dous perseguidores. Unha vitoria ourensanista poría a batalla polo subcampionato, e un posible ascenso, a lume de biqueira.
A pesares da mala xeira de resultados do Valladares, dos catro últimos partidos tan só gañou un, non será nada doado gañar na Gándara. Dalí tan só se escapou un empate (3-3 co Portonovo) e unha derrota (0-3 co líder Victoria), o resto dez triunfos e nove deles por máis dun gol de diferencia.
Sen embargo as nosas rapazas están un gran momento de forma e viaxarán a polos tres puntos. No partido da primiera volta as viguesas gañaron por 1-2 nun partido en que o máis xusto houbera sido un empate e no que houbo que lamentar a lesión da nosa porteira Ches preto do final do partido.
Para este encontro Rubén García contará coas seguintes xogadoras: Noe, María, Pacy, Lo, Jani, Andrea, Moni, Dana, Hele, Aida, Feijoo, Laura, Cris, Emma, Zaira e Aldara.
Foto: Yedra Seara