A tempada despídese fronte ao Taboadela no Couto

con No hay comentarios

Este domingo, 18,00 h., porase punto e final a unha nova e exitosa tempada da Unión Deportiva Ourense. Iniciamos o campionato co obxectivo do ascenso, o que se conseguiu con seis xornadas de antelación. Ademáis fixemos unha gran competición copeira eliminando a At.Arnoia e Arenteiro, só o Bande pudo con nós por un só gol de diferencia.

O remate a tempada será contra o Taboadela, nun partido intrascendente para a clasificación xeral, xa que o noso rival xa está descendido a 2ª Autonómica por mor dos arrastres de Preferente de Verín e Polígono. No partido da primeira volta tranquila vitoria ourensanista por 1-3, nun partido onde o máis destacado foi a lesión do noso porteiro Lucas Sierra, que o tivo alonxado dos terreos de xogo unha longa tempada.

O principal será rendir a homenaxe que se merece a Antonio Dacosta, un dos impulsores do proxecto da Unión Deportiva Ourense e o adestrador que levou ao equipo de 3ª Autonómica a Preferente, con tres ascensos consecutivos, e que tamén conquistou a Copa Deputación B.

Para este partido o adestrador ourensanista non poderá contar cos mancados Marcos Sotelo, Fran Martínez, Unai e Xurxo.

O once máis probable que salte ao terreo de xogo será o formado por Lucas Sierra na porta; Aitor, Tito Currás, Julio Martínez e Senén en defensa; Toni e Omar na media; Otero e Cristian nas bandas; Rubén Durán na mediapunta e Xaco como home máis adiantado. No banco estarán Samuel, Sergio, Diego Pousa, Hugo e Adrián.

Hugo e Adrián entran na convocatoria pero aínda non están físicamente a tope despois das súas lesións e tan só poderán xogar media hora ou 20 minutos ante o Taboadela, no derradeiro partido da tempada.