U.D. Ourense e C.D. La Purísima unindo esforzos polo fútbol base

con No hay comentarios

A Unión Deportiva Ourense e Club Deportivo La Purísima, chegan a un acordo de colaboración no traballo e reforzo das súas estruturas nas categorías inferiores de ambas entidades.

Por parte da coordinación deportiva da nosa base, pensouse en seguir avanzando na organización das categorías inferiores e darlle mais oportunidades a aqueles rapaces que demanden xogar na base do noso club, e non demos arbarcado as numerosas solicitudes que estamos a recibir. Todo esto débese ao rápido crecemento que está a ter a nosa base, e ante ás limitacións das nosas instalacións, e conforme a nosa filosofía en canto a non acaparar equipos e non facer mais dos que realmente poidamos ofrecer sen as garantías e oportunidades, dado que entendemos que facer mais equipos dos A e B, non ten sentido se hai mais clubes que tamén poden ofrecer unhas boas condicións, nas que primen a formación antes que a competición.

Ante o anteriormente exposto, pensamos nun club da cidade que tivera unha filosofía semellante á nosa, e nos poidera axudar a cubrir as necesidades que demandan ambas estruturas para seguir medrando xuntos e pansando no mellor para a formación e educación dos mais cativos.

Grazas ao entendemento coa directiva de C.D.La Purísima, do cal agradecemos, presentamos na tarde de hoxe esta colaboración para o bo porvir de aqueles rapaces que queiran disfrutar do deporte que mais lles gusta, e tamén para o acercamento ao noso club da familia que compón o Club Deportivo La Purísima.

Este xesto é trasladado aos demais clubs da provincia para o reflexo de que con unidade e entendemento Ourense, pero sobre todo os rapaces, saen gañando.