U.D. Ourense visita ó CPR Concepción Arenal

con No hay comentarios

Esta vez na xornada matinal do xoves 20 de abril visitamos ó CPR Concepción Arenal.

Un dos primeiros centros en solicitar a visita da U.D.Ourense desde a súa fundación,  agardamos en vindeiros anos seguir con esta xeira, tempada á tempada.

Contamos coa presenza de Fernando Currás, coordinador da base; Rubén Durán xogador do 1º equipo; o utilleiro Felipe, o adestrador de porteiros, Javier; e por parte da directiva o presidente Modesto.

Unha visita na que ademáis de repartir os carnés escolares se sortearon bufandas, mochilas e chaveiros.

Grazas á comunidade educativa.