A UD Ourense acada un valioso empate nun novo amigable da pretempada. Boa imaxe a amosada nos Carrís ante un Barbadás que se estrelou contra Pato Guillén.
Partido de presentación da UD Barbadás no estadio de Os Carrís e visita dos nosos a un dos clubes con maior presencia na Terceira División nos últimos lustros. Outro encontro contra un clube amigo, o que xa temos visitado en varias ocasións nas pretempadas. Gran ambiente más bancadas para vivir o encontro entre dous clubes punteiros da provincia.
O encontro estivo marcado pola igualdade entre ambos contendentes. Currás apostou por facer algunhas variacións. Codeso pasou o lateral dereito ante a ausencia de Josu. Germán formou de parella de Pablo Corzo no eixe da zaga, namentras que Bruno e Fran secundaron a Luis no trivote. En ataque Durán, Alfredo e Adrián.
Tardaron os de Currás en asentarse, pero co transcurso dos minutos, foron impoñendo o seu ritmo la medular. Adrián tivo a primera cun remate que se marchou rozando o pau. O Barbadás buscaba tamén a meta de Pato, pero o uruguayo estaba de quero e evitou un par de boas ocasións dos locais. Alfredo probou sorte antes do descanso, pero topouse co meta rival.
La segunda metade chegaron os cambios e mantívose a loita por facerse co control do encontro. Pato seguiu o seu, evitando o gol azulón e os ourensáns buscaron a súa, aínda que sin sorte. O final, empate e boas sensacións no antepenúltimo duelo da de pretempada. O noso agradecemento a UD Barbadás pila invitación a súa presentación e a afección desplazada.