Poucas ocasións de gol se puderon ver no partido, ainda que eso si moi claras. As locais buscaron a velocidade das sus xogadoras de banda durante todo o partido e non se complicaban co balón.
Logo de varias chegadas sen moito perigo das locais e das visitantes e dun par de remates de Cris e Pacy que non viron porta, chegou unha clara oportunidade para as ourensanistas nunha boa xogada trenzada dende atrás que finalizou cun centro dende a dereita e un remate de cabeza de Emma dentro do area pequena que salvou a porteira cando se cantaba o gol. A replica local veu nun balon longo que controlou a dianteira local, as visitantes quedanse paradas reclamando man e Noe salva o mao a mao, o rexeite volve rematalo a dianteira e entre Maria e Noe desbaratan o perigo.
A segunda metade seguiu o patron da primeira, moitas transicions e pouco control de xogo. Disporian as locais dunha moi clara ocasión nun saque de falta lateral rematado dentro do area ao que responde Noe cunha gran parada e con todo a favor unha xogadora do Mos envia o rexeite ao longueiro.
Tivo a ocasión de levarse os 3 puntos a UD Ourense cando a falta de 5 minutos para o final nunha moi boa xogada colectiva Aida daba un pase da morte a Zaira que remata a porta baleira. Cando a grada cantaba o gol unha defensa sacaba o balon na liña. O gol local viria nun saque de porta das ourensanistas que non son quen de sacar o balón, este cae a pes de Lucia Llorente que se vai en velocidade pola banda e o seu centro e rematado a pracer no segundo pao.
O vindeiro partido, dentro de dous domingos, sera un novo desprazamento para visitar ao Orzán na Coruña.