A UD Ourense adxudícase a terceira edición do Memorial CD Ourense tras vencer por 1-0 a Unionistas de Salamanca. O ambiente nas bancadas, o irmanamento de afeccións, a homenaxe a Yosi e a intensidade sobre o céspede o máis destacado do encontro.
O Couto viviu o pasado sábado una tarde desas que quedan marcadas nas retinas dos afeccionados o fútbol. Foi una tarde de moitas emocións, de fútbol e o máis importante, de diversión e bo rollo. A festa do fútbol popular chegaba a Ourense e non deixou indiferente a ninguén. Houbo tempo para todo, tamén para homenaxear a dous clubes xa finados, pero que seguen vivos gracias o recordo que lle brindan cada día as súas afeccións. UD Salamanca e CD Ourense seguen moi vivos e eso é digno de eloxio.
Os actos arrincaron ca presenza da que probablemente sexa a figura máis ilustre da música ourensana. Yosi voltaba o estadio de O Couto e a participar nun acto público. Fixo fotografías cos xogadores, cos afeccionados de ambos clubes e posteriormente realizou o saque de honra. O público coreaba o seu nome e brindoulle unha calurosa ovación, namentras por megafonía soaban algúns dos temas máis coñecidos de Los Suaves. O líder da agrupación ourensán non perdeu detalle do encontro, engalanado coa súa camisola vermella. O sentimento ourensanista é algo que nunca se perde.
Nas bancadas boa expectación coa presenza duns setenta siareiros salmantinos que se desprazaron ata a cidade de As Burgas para apoiar os seus, e fixérono dunha forma envidiable, sen deixar de animar e cantar durante os 90 minutos do encontro. Houbo ata cánticos de cariños cara os nosos, cando corearon o unísono o nome de ”Ourense, Ourense”, namentras os nosos vitoreábanos e ovacinábanos, devolvéndolle ese agarimo.
Sobre o céspede o encontro estivo cheo de rivalidade e intensidade. Unionistas amosou o seu poderío no dominio da posesión e foi superior nesta faceta durante case todo o encontro. Os salmantinos chegaban invictos O Couto e contando os seus amigables por vitorias. O cadro de Fernando Currás plantou cara dende o inicio e amosou tamén a súas armas, especialmente en defensa, onde destacou Codeso, recén chegado dende o Sporting de Celanova e que non se amilanou diante de rivais da talla Oskar Martín ou Cristo Medina.
Bruno tivo a máis clara para os vermellos na primeira metade. Recibiu un pase en profundidade e encarou o cancerbeiro Carlos Molina, que desviou o coiro a saque de esquina. Unionistas tocaba e trenzaba, pero non acertaba a definir. Tivoa Oskar Martín nun mao a mao con Pato, pero cando parecía que o gol chegaba, o dianteiro do cadro de Salamanca rematou desviado.
Na segunda metade chegaron un regueiro de cambios por parte de ambos conxuntos. Unionistas segui marcando as pautas e achegándose con perigo a meta de Pato, que pechou a cancela e evitou os goles do conxunto visitante. Os minutos pasaban e o Ourense deu un paso adiante nos últimos quince minutos. Os xogadores que sairon desde o banquillo meteron a directa e nunha desas xogadas, Joni aproveitou unha saída do cancerbeiro rival a taponar un remate de Oli para enviar o coiro o fondo da meta.
Restaban 2 minutos máis o descontó e a pesar de que Unionistas buscou o empate, o luminoso xa non se moveu. A UD Ourense leva desta forma o primeiro Memorial en honor a CD Ourense da súa historia, despois de dous anos consecutivos que remataron con derrota.