UD Ourense 1-1 Atios: ¡Maldito penalti!

con No hay comentarios

Un tanto de penalti transformado por Víctor Besada priva ós vermellos de sumar 3 valiosos puntos na casa fronte o Atios. Germán fixo o tanto ourensán cun remate de cabeza á saída dun córner. Os de Currás seguen en segunda posición unha xornada máis, a 4 puntos do líder.

O fútbol ás veces é caprichoso e non premia os intentos dos equipos por levar á vitoria. Se a eso lle sumamos un penalti deses que nunca deben facerse no derradeiro minuto de xogo, a sorte é máis fácil que esquive ó clube. Pasoulle onte á UD Ourense, que tiña controlado un partido no que non sufriu en exceso e que puido pechar en varias ocasións. Non o lograron os ourensáns que acabaron recibindo o tanto do empate no último minuto, tras un penalti de Oli. Dous puntos voaron de O Couto, pero o equipo segue mantendo praza de ascenso directo.

O partido arrancou con algunhas variacións no XI titular. Unha xornada máis, Xurxo ocupou o posto de central e Aitor saiu de inicio na medular. Os vermellos comezaron tocando e buscando a meta rival. Primeiro con achegamentos dende a distancia e remates lonxanos de Durán e Alfredo, que non puxeron en perigo a meta rival. Pouco despois con xogadas máis elaboradas e transicións rápidas buscando a velocidade de Joni.

Tiveron a réplica os visitantes, por mediación de Leandro, que recibiu un pase filtrado de Víctor Besada e plantouse só ante Pato, pero non acertou a batir ó gardarredes unionista. Chegou entón a réplica nunha xogada de estratexia, onde o Ourense sacou petróleo e puxo en moitos apuros ó seu rival. Alfredo serviu dende o curruncho e Germán rematou de cabeza ao fondo da rede, á saída en falso do gardameta foi tamén determinante.

O choque entrou entón nun momento de calma e de tímidos achegamentos de ambos contendentes, pero sen xerar excesivo perigo nas metas rivais. Con vitoria local chegábase ó descanso e coa sensación de que quedaba todavía moito que bregar para sumar tres valiosos puntos, nada máis lonxe da realidade.

Tralo paso polos vestiarios os ourensanistas voltaron a sair moi metidos no encontro e comezaron a dispoñer das primeiras oportunidades para ampliar a renda. Germán tivo o segundo nunha xogada idéntica á do gol da primeira metade, pero esta vez un zagueiro salvaba baixo paus o que seróa o segundo tanto do central ourensán.

O partido entraba entón nunha dinámica de ida e volta, con achegamentos de perigo en cada meta. Pato tivo que desbaratar unha ocasión rival cun remate de Davos case sen ángulo, pero que se envenenou e obrigou ó cancerbeiro a sacar a man e desviar a saque de curruncho. Alfredo tivo a réplica para os vermellos, pero con todo a favor non foi quen de batir ó meta visitante.

Os técnicos hoxixenaban os seus conxuntos coa entrada de novos homes de refresco. O Atios daba entrada a homes de banda para tentar buscar a igualada e Fernando Currás reforzaba a zaga e a medular. Durán tivo a sentenza a 11 minutos para o final, tras unha asistencia de Alfredo, pero novamente un zagueiro impedía o gol do Ourense, que dispuxo de dúas claras ocasións para sentenciar.

De ahí ó final pouco máis que sinalar, ata que Oli derribou a un rival no área, nunha xogada que sobraba, pero na que o derribo foi moi claro. Besada transformou a pena máxima e o Atios arrabuñou un punto de O Couto, roubándolle dous a un Ourense que segue en segunda praza na táboa, que ve como o Estradense se afasta a 4 puntos e coma os inmediatos perseguidores recurtan diferenzas, aínda así, os vermellos seguen dependendo de eles mesmos e despiden a primeira volta con 38 puntos. O Valladares será o vindeiro rival no Couto o domingo, oportunidade para dar un golpe de efecto.

PREME NA SEGUINTE LIGAZÓN E VISUALIZA A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO ENCONTRO
https://flic.kr/s/aHskr8Y51x