UD Ourense 2-0 Ribeiro FC: Vitoria moi traballada ante un rival moi repregado

con No hay comentarios

O Ourense supera ó Ribeiro nun encontro moi serio e traballado. Codeso abriu a veda na primeira metade e Alfredo de penalti fixo o segundo tralo descanso. Partido complicado ante un rival moi relegado e que tentou frear a labor ofensiva dos nosos con interrupcións en forma de falta.

Primeiro derbi da tempada en competición ligueira e primeira vitoria do curso ante os conxuntos ourensáns. A UD Ourense soubo manexar os tempos dun partido no que ben é certo que o rival non xerou perigo, pero no que tentar facer un bo fútbol complicouse polo repregue defensivo do Ribeiro e polas continuas faltas que cometeron para curtar o xogo e impedir a verticalidade habitual dos nosos. En 90 minutos, os visitantes non inquedaron a meta de Samuel, boa noticia para a parcela defensiva.

O partido comezou con dominio do coiro por parte da UD Ourense. O rival repregou as súas liñas e defendeu con uñas e dentes dende o comezo. Custou comezar a chegar á porta rival, pero co paso dos primeiros compases, os de Currás comezaron a trenzar con calma e a xerar as primeiras ocasións.

A primeira oportunidade para os nosos estivo nas botas de Alfredo. Fran pisou liña de banda e cedeu para Joni, que a deixou para o extremo, que de primeiras pegounas, pero demasiado frouxo e fácil para que o meta se fixera co coiro. Pouco despois sería Hugo o que probaría sorte, pero o seu disparo marchouse á esquerda do meta. Tamén o tentou cun remate moi escorado, pero o cancerbeiro tocou coa punta dos dedos desviando o balón.

Os minutos corrían, o gol non chegaba, pero os vermellos seguiron practicando o seu estilo, namentras que os visitantes comezaron a empregarse con máis dureza para parar as internadas locais. Álex foi un dos máis expeditivos, xogándose o cartón durante varias ocasións, pero o colexiado tardou en amosarlle o primeiro, permitindo algunha que outra entrada moi fea.

Os locais seguían sen fortuna na definición. Hugo volveu errar dous remates, un deles en prancha moi forzado. Alfredo tentábao dende a banda, buscando rematadores que non chegaban aparecer. Ata que chegou o gol de Codeso ó fío do descanso. Saque de curruncho de Alfredo moi pechado ao segundo pau e por alí apareceu o central de Celanova para rematar de cabeza de maneira impecable e inaugurar o marcador e estrearse así coma goleador Ourensán.

Tralo descanso, os ourensanistas volveron a saír moi motivados ó terreo de xogo e procuraron dende o comezo ampliar vantaxes. Joni tentouno cun remate dende a frontal que se marchou por riba da porta. Pouco despois foi Alfredo o que tras un gran eslalon no que marchou de varios rivais, remataba alto.

Os visitantes seguían sen aparecer en ataque ca presenza dun so punta, ata que o técnico deu entrada a un novo dianteiro, pero acto seguido o colexiado expulsou a Toti por dobre cartón, tras unha protesta. Os amarelos quedaban cun home menos e o partido costa arriba. Alfredo provocaría un claro penalti que il mesmo transformou e haí morreu o partido.

Ambos técnicos fixeron trocos e os ourensanistas non pasaron apuros, incluso os recen entrados gozaron de ocasións, nas botas de Unai e Charli, pero o marcador xa non se movería. Vitoria balsámica para un Ourense que viña de tropezar en Pontellas e que repón forzas para o partido do vindeiro domingo en Bande. A nota negativa púxoa Luis, mancado nunha perna tras unha entrada dun rival. Haberá que ver a súa evolución. Agora a pensar no Bande.

Preme sobre a imaxe para visualizar a reportaxe fotográfica do partido.

UD. OURENSE VS RIBEIRO FC.