A UD Ourense impúxose o CD Beluso no estadio de O Couto por 2-1. Encontro no que os ourensáns tiveron que remontar un tanto de Manufre antes do descanso. Alfredo, cun gol olímpico e rematando unha xogada asociativa, liderou o ataque dos de Currás, dándolles unha nova vitoria ligueira.
Quinta xornada ligueira e cuarta vitoria consecutiva da Unión Deportiva Ourense que co paso dos partidos segue amosando as súas credenciais para dar un novo salto de categoría. Onte souperon sufrir e remar para remontar un encontro que se puxo en contra nun deses momentos claves, como son os minutos antes do descanso. Fernando Currás soupo dar ca tecla e a reacción dos seus foi un éxito que culminou ca primeira remontada do curso e deixando claro que a moral do plantel recupérase fácilmente.
O rival chegaba ca vitola de revelación e dende os primeiros compases deixou claro que non viña a cidade das Burgas de comparsa. O técnico Rial apostou por un 11 no que primase o físico e no que se ahogase a liña de creación dos locais. Os puntas desgastáronse durante todo encontro cunha presión intensa na saída de balón dos vermellos e con galopadas constantes para percutir con axudas nas bandas. O Beluso sabía o que tiña que facer e fixoo o mellor que puido e soubo.
Os de Bueu empezaron dominando nos primeiros compases, aínda que sen chegar con claridade a meta de Pato. Pouco a pouco o Ourense foise fancendo con control e tentando trenzar, pero a presión intensa dos rivais non permitía demasiadas florituras. A ocasión máis clara, dunha primeira parte marcada pola batalla táctica e as pizarras, tivoa Josu nun testarazo que se lle marchou arriba, logo dun centro de Alfredo, o xogador máis activo durante todo o encontro.
Os minutos transcurrían e achegábase o descanso, cando Manufre adiantou os visitantes para delirio dos 50 seareiros chegados desde Bueu. O dianteiro cazaba un balón adiantándose a Julio Martínez e batía a Pato no man a man. Gol deses que chaman psicolóxicos, pero que lonxe de afundir a moral dos de Currás, levantounos todavía máis.
A reacción non se fixo esperar e chegou tras o descanso. Alfredo enfundouse o traxe de mago e os 2 minutos marcaba o gol da xornada a nivel nacional. Saque de curruncho do extremo e o balón vaise pechando, tocando en ámbolos dous paus e colándose na meta dun sorprendido Buyo, que tan solo puido ser espectador de tal maravilla.
Comezaron a partir de entón os millores minutos dos vermellos. Rial tivo que sustituir os seus homes de ataque, fundidos despois do desgaste e a presión foi baixando. Os vermellos chegaban agora con claridade e gozaron de varias ocasións para adiantarse. Un testarazo de Hugo marchouse moi desviado, Fran non chegou a conectar un gran centro de Alfredo por banda e Durán probaba sorte dende fora, aínda que sen resultados positivos.
Chegou entón a xogada do segundo tanto. Durán asociábase con Alfredo e este recollía o coiro e tocáballo a Fran Martínez, que de espuela, unha vez máis, deixaba o coiro no interior da área para Alfredo, que disparaba o fondo da red. Segundo tanto do extremo ourensán e remontada culminada.
Chegaron entón un regueiro de cambios para aportar frescura e a UD Ourense tratou de pechar o partido. Primeiro cun remate de Adrián de primeiras tras centro de Alfredo, pero o esférico marchaba desviado. Chegaban despois novas xogadas, centros que non atopaban rematador ou que non se chegaba a definir. O Beluso tivoa nunha xogada illada e tras un saque do meta, pero Julio Martínez anticipouse e evitou o disparo do equipo de Bueu.
Alfredo tivo a sentencia nun man a man, pero esta vez Buyo estivo atinado e sacou unha fabulosa man para evitar o terceiro da tarde do extremo. Xa nos instantes finais, Pato desbaratou un man a man con Julio, aguantándolle o xogador rival e detendo o coiro. O partido tocou o seu fin e a UD Ourense sumou 3 novos puntos para situarse en terceira posición e sumar o seu terceiro 2-1 consecutivo do curso, o que parece que se están aboando. A próxima cita, o vindeiro domingo diante do AlertaNavia.