A UD. Ourense acada un novo punto contra un bo CD. Moaña, nunha xornada especial, dado que tivo lugar a presentación oficial do club de todos os seus equipos Base e no que ademais, o numero público asistente puido presenciar un auténtico partidazo.
O CD. Moaña chegaba ó Estadio do Couto con ganas de continuar a boa xeira de resultados que fixeron colocarse no quinto posto da taboa clasificatoria, a motivición dos seus xogadores fíxose notar ata o pitido final. O noso equipo afrontaba o parido cos 5 sentidos postos para acadar a quinta vitoria consecutiva e distanciar así a un rival dos postos altos da taboa, ó final a ambición de ambos equipos deron lugar ás taboas no marcador.
Novas na aliñación habitual no Estadio do Couto con Alfredo ocupando o lateral esquerdo e Unai saíndo de 9.
O encontro arrancou cun Ourense moi serio e querendo facerse co partido dende o minuto un. A UD. Ourense dominou o xogo practicamente durante toda a primeira metade, tendo momentos de moi bo fútbol e chegando con claridade á meta rival.
Unai saiu enchufado e con ganas de aproveitar a súa titularidade, así que a primeira ocasión dos nosos saía das súas botas, nunha gran xogada individual que, tras marcharse de dous adversarios envía o coiro en tiro raso ás rentes do pao.
O equipo con Durán e Luis na medular ofensiva, xunto a un espléndido Fran en banda dereita e a un epectacular Alfredo coas súas subidas dende o lateral esquerdo, chegaban as acometidas vermellas. O gol era cuestión de minutos, e tras unha falta cometida no lateral sobre Joni, Alfredo puxo un bo balón a Germán que peitearía ata o fondo das mallas da portería rival.
Co 1-0, o partido pintaba moi ben para o noso equipo. O Moaña apenas inquedaba ó noso cancerbeiro Pato, grazas a actuación dos nosos zagueiros que non lle daban opción aos atacantes Moañeses.
Josu, nunha gran internada dende atrás e logo dunha boa xogada, desfrutaba dunha gran ocasión para o 2-0 pero o gardamallas visitante desbaratou a oportunidade. Tamén Unai puido aumentar o marcador logo doutra boa xogada levada dende a banda dereita, con Fran deixandolle unha boa asistencia que remataría por riba dos tres paus. O árbitro puña fin a unha boa primeira metade, con Codeso pegado ao dianteiro Giráldez que non o deixaba respirar.
O tempo de lecer era o momento no que os mais cativos da UD Ourense serían os protagonistas. O club elixiu este gran partido para a presentación oficial da Base. 280 futbolistas, dende o equipo xuvenil ata a Escoliña, pasando polo UD Ourense Josefinas Fútbol Sala, a afección ourensanista puido rendirlle un caluroso aplauso ao seu alicerce e aposta fundamental para o futuro da entidade. Unha tarde na que a Tribuna do Couto presenciaba unha espectacular entrada, a afección a grito de «Ourense, Ourense» ovacionaba a súa ilusionante canteira.
Do segundo tempo non podemos falar tan ben. O tempo de lecer serviulle ao Moaña para coller folgos e sair mais forte na segunda metade. O conxunto celeste deu un auténtico cambio e arrebatoulle o control do partido a un Ourense que xa non estaba tan cómodo sobre o terreo de xogo.
O Moaña soltouse, collendo as rendas do partido e facendo que a UD Ourense non poidera desfrutar do balón, ahí o noso equipo acostumado a levar o partido ó seu lado, cedería terreo ó Moaña.
Currás faría os primeiros trocos dando entrada a Adrián en substitución de Unai. O partido seguiría cun Ourense tentando recuperar o dominio do partido e chegaría un novo troco, Oli entraría por Joni no lateral, ocupando Alfredo a súa posición habitual en posto mais ofensivo. O técnico visitante tamén movería ficha para tentar o empate, e así chegaría cun bo tiro dende a frontal da área de Álex Castro que convertiría o 1-1 no marcador.
Pouco duraría a alegría visitante, Adrian pinchaba maxistralmente un balón preto da área e abrindo o coiro a Alfredo que, co seu pé dereito mete unha rosca por toda a escadra, sobervio gol que puña en pé a bancada e colocaría en vantaxe novamento ó noso equipo 2-1.
O xuvenil Carlos saltaría unha xornada mais ó terreo de xogo do Couto no lugar de Fran, que sairía entre os aplausos da bancada tras realizar un bo partido. O Moaña nunca se rendeu e seguiu a amosar o bo equipo que forman. O Moaña xeraría perigo dende a banda dereita, tras unha xogada na que se chegou a liña de fondo e Marco empuxaría o balón a nosa rede para facer o 2-2. Ambos equipos terían algunha ocasión mais, e especialmente ó noso favor cun conmensurable Alfredo que cun tiro ó longueiro desfrutaría da última ocasión.
Un encontro con dúas partes diferenciadas, na que o Ourense sería o protagonista da primeira e o Moaña da segunda. Segundo o acontencido no partido e ante os resultados da xornada, podemos dicir que acadamos un punto moi valioso ante un gran equipo.
A vindeira xornada visitaremos a vila termal de Mondariz, seguindo no segundo posto e cos mesmos puntos de diferenza entre o líder (Estradense) e o noso perseguidor (Sanxenxo).
#SeguimosnoBoCamiño #ForzaOurense