A UD Ourense acadou un empate nos Remedios diante do Mos, nun encontró na que as rapazas de Ruben García chegaron a ter unha vantaxe de 2 goles. Moita igualdade e moito fútbol que segue enganchando a afección.
Voltaba o fútbol feminino os Remedios, voltaba a Ourense e facíao nunha tarde moi calurosa, con un bo ambiente nas bancadas e cunha mensaxe de ánimo a Mónica nas camisolas das súas compañeiras. A capitana perderase prácticamente toda a tempada e o equipo quixo amosarlle o seu apoio lucindo unha mensaxe antes do partido.
O rival era un completo descoñecido, pero tal e como avisabamos na previa, chegaba a Ourense con 7 puntos de 9 posibles e tan solo un gol encaixado. Foi un encontro de poder a poder entre dous equipos que apostaron polo fútbol ofensivo, no que non houbo malas entradas e no que primou o espectáculo, con ocasións para ambos bandos e reparto de dominio do coiro durante varias fases do choque.
O partido comezou con dominio das nosas, que nos primeiros compases do xogo xa comezaron a buscar a meta rival. Rubén fixo algún cambios tácticos debido as baixas e as xogadoras responderon notoriamente. Dana levou o peso ofensivo do equipo, construindo, con Janali moi metida no papel coma centrocampista.
O primeiro tanto do partido chegaba mediada a primeira metade. Hele conectaba con Jani e esta enviaba o coiro o interior da rede, ante a mirada da gardarredes, que nada puido facer para evitar o tanto. As ocasións da primeira metade non foran moitas, pero o partido estaba sendo moi intenso e desputado. A calor facía mella e as xogadoras aproveitaban cada pequeño parón para hidratarse.
O segundo tempo comezou con unha chegada de perigo do Mos, que buscaba continuamente a Lucía Llorente e Ana Muzo, as xogadoras máis ofensivas. Lucía foi un quebradeiro de cabeza para as nosas, cos seus regates e incursións de perigo, autora ademáis das xogadas que rematarían nos goles mosenses. Noe estivo acertada e evitou un man a man rival que puido devolver as táboas o marcador.
Cristina facía o segundo no minuto 51, cun potente disparo dende fora da área. A partir de entón, chegou a reacción do Mos, que lonxe de virse abaixo co segundo tanto, recuperáronse moralmente e comezaron a asediar a meta ourensá. 9 minutos despois, Ana recurtaba diferencias e metía as visitantes no encontro.
Pudo aumentar as distancias a UD Ourense gracias a un remate de Hele, pero o coiro estrelouse no pau. Eran os minutos de correrrúas, con ocasións para ambos equipos e co partido moi aberto. E nunha desas xogadas, chegou o tanto do empate, obra novamente de Ana, que aproveitaba unha gran xogada de Lucía.
Co empate e co tempo correndo, calqueira puido gañar. Houbo ocasións para ambos bandos, a máis clara unha de Zaira, que coa meta rival superada remataba a porta, pero sacaba unha zagueira baixo paus. Tamén tivemos a mala nova da lesión de Aída, unha máis para unha enfermería que conta con varias lesionadas.
O final empate xusto e gran partido de ambos conxuntos, que deleitaron o público presente cun gran espectáculo.