A UD Ourense feminina non puido pasar do empate diante do Victoria FC «B», nun partido na que as de Rubén García mereceron millor sorte. Un penalti, detido pola meta visitante a Cris a 15 minutos do final, foi decisivo para que as vermellas non sumaran 3 puntos.
Non puido ser as rapazas da UD Ourense quedaron ca mel nos beizos de sumar a súa terceira vitoria consecutiva, algo que non conseguiron no que vai de tempada. As vermellas recibían a un rival que marchaba por detrás das ourensás na táboa, pero ante o que non se confiaban, debido a dificultade que supón cada encontro, sexa quen sexa o rival. O partido estivo marcado pola igualdade e polo espectáculo que amosaron as 22 futbolistas durante os 90 minutos.
Acudir o estadio Miguel Ángel ou a Velle e sinónimo de bo fútbol e espectáculo asegurado, o que ofrecen as rapazas de Rubén García en cada encontro. Un exercicio de loita e sacrificio, sen o apoio de moitos que deberían estar ahí, pero ca ilusión daquelas que están abrindo oco no panorama do balompé feminino n a nosa cidade. Unha modalidade en auxe a nivel nacional, pero que na cidade das Burgas atópase con barreiras impropias do momento que vivimos.
Centrándonos no fútbol, a primeira metade estivo marcada polo dominio do Ourense, que impuxo o seu dominio na medular e marcou moi ben os tempos do partido, impedindo as santiaguesas chegar con perigo e gozando de boas oportunidades para inaugurar o marcador. Nin Laura, nin Emma, nin Cris foron capaces de acertar a ver portería nas ocasións máis claras da primeira metade
Tralo paso por vestiarios chegou o primeiro tanto do encontro. Un zapatazo de Jani que se colaba no interior da meta rival. Un deses tantos psicolóxicos o comezo do segundo acto e que puña por diante as nosas, facendo xustiza tras unha gran primeira metade sen o premio do gol.
O tanto espoleu as visitantes, que deron un paso adiante e empezaron a inquedar a meta de Noe con perigo. O encontro convertiuse nun ida e volta, con ocasións para ambos conxuntos e chegadas de perigo. Nunha delas, acadaría Noela o empate e 3 minutos despois, o Victoria golpearía cun novo tanto, obra de Navia. 3 minutos fatídicos, que condeaban as vermellas a ir por detrás no marcador.
Souperon reporse do mazazo con rapidez as locais e Cris devolvía a igualada no minuto 70, con 20 todavía por desputarse. A partir de entón, as ourensás deron un novo paso adiante e buscaron a vitoria. Tivoa Cris dende os 11 metros, pero a gardarredes rival detivo a súa pena máxima e o remate posterior de Aldara, impedindo o triunfo das vermellas.
A UD Ourense ve frenada a súa racha vitoriosa e cae a sexta praza, pero moi preto todavía da terceira posición, que queda a 5 puntos e que segue sendo obxetivo deste equipo, que crece a pasos axigantados e que cada vez ten un núcleo máis sólido a pesares da xuventude.