UD Ourense 4-2 Sárdoma «B»: Remontada épica do feminino

con No hay comentarios

O Ourense remonta un encontro no que foi dúas veces por detrás no marcador. A irrupción de Jani decidiu, o cambiar a cara do encontro, participando en dous dos tantos que déronlle a volta o marcador. Gran imaxe das pupilas de Rubén García.

Remontada épica da UD Ourense na tarde do domingo nos Remedios. Un encontro no que as de Rubén García souperon sufrir e amosaron ese carácter e garra o que nos teñen acostumados, pero que onte voltou a quedar latente sobre o céspede. Este equipo segue crecendo co paso do tempo e sobrepoñéndose a todos os contratempos cos que se topan.

As unionistas comezaron un pouco adormecidas e o Sárdoma «B» fíxose co control do partido, buscando a meta de Noe, que tivo que facer un par de paradas antes de recoller o coiro do interior da rede. Noelia batía a gardarredes vermella e adiantaba as visitantes, que puideron ampliar distancias, pero topáronse co bo facer da cancerbeira local.

Con 0-1 chegouse o descanso. O paso por vestiarios cambiou a cara do partido. As ourensás repuxéronse e comezaron a inquedar a meta rival, aínda que sin excesivo perigo. Rubén deu entrada a Jani en detrimento de Aída e revolucionou o encontro. Cando parecía que as cousas ían a trocar, chegou o penalti en contra do Ourense, pero as visitantes errarono e esto deulle vida o equipo.

María acadaba o empate os poucos minutos. Saque de curruncho de de Laura, Pacy remataba e o coiro chegaballe a María, que non o dubida e remataba a gol. As vermellas igualaban a contenda e metíanse novamente na loita por sumar os 3 puntos.

O partido era un monólogo das ourensás, que rozaron o segundo por mediación de Laura. Xusto cando mellor estaban as nosas, chegou o segundo tanto do Sárdoma, un xarro de auga fría, pero que rematarían por quentar as nosas con bo fútbol e un gran desplegue ofensivo.

Os minutos pasaban, pero o tanto do empate non chegaba. Rozouno Dana cunha vaselina que golpeaba no longueiro. Foi o preludio do tanto ourensán. Jani igualaba o marcador nunha xogada iniciada por Laura, que conectaba con Nerea e esta metía o coiro entre líneas para irrupción de Jani, que enviaba o coiro o fondo da rede. Restaban 17 minutos e as vermellas volvían a creer nas súas posibilidades.

Laura puña por delante as vermellas un minuto despois. Jani centraba o área, rexeitaba a defensa e coiro caíalle a dianteira vermella, que non o dubidaba e fusilaba a placer. Co partido decantado en favor das locais e coas visitantes lanzadas o ataque, chegaría a sentencia, cun remate de Cris dende fóra do área.

Tres puntos moi traballados para un Ourense que segue na sexta praza e que loitará por mellorar a súa posición de cara o final da competición.