Goleada da UD Ourense no seu encontro fronte o Boiro. As de Rubén García foron moi superiores o seu rival dende o comezo do choque e fixeron valer esa superioridade en forma de goles. Loh, Laura, Emma, Jani, Cris e Pacy foron as autoras dos goles.
Necesitaban as rapazas do feminino unha vitoria balsámica e un golpe de efecto para revertir a situación negativa das últimas xornadas e non puideron ter mellor forma de facelo. As ourensás golearon o Boiro, o que dominaron e meteron no seu campo dende o inicio do partido. A pesar das importantes baixas por lesión, as pupilas de Rubén García foron capaces de seguir adiante e esforzarse porque non se notasen a ausencia de importantes compañeiras.
O partido comezou da mellor forma posible, xa que os 5 minutos de encontro, Loh adiantaba as locais, que se puñan por diante aproveitando unha xogada de estratexia. Foi o tanto que abriu a veda e que cargou a moral dun equipo decidido a dar un golpe de efecto sobre a mesa e amosar a afección que a tarde podía ser redonda para o ourensanismo.
Non fallaron os nosos, algúns recén chegados de Bande, que se pasaron polos Remedios para animar o conxunto feminino. Gran opción, pois o partido mereceuno dende o comezo. As vermellas dominaban o coiro e trenzaban, Paula apenas tuvo traballo no primeiro acto e Cris e Laura levaron o peso ofensivo do partido, axudadas por Emma, que fixou moi ben as zagueiras rivais.
Laura faría o segundo tanto das vermellas os 16 minutos e Emma, antes do descanso, deixaba o partido visto para sentencia. Con 3-0 chegouse o descanso e Rubén aproveitou para dar entrada a Nerea e Zaira. Sobre o campo seguía o vendaval vermello e o técnico voltaba mover o banquillo os 7 minutos da reanudación, dando entrada a Aida. Namentras, sobre o céspede, Jani facía o cuarto do conxunto ourensán.
Con 4-0, o técnico apostou por esgotar os cambios e dar descanso as xogadoras máis habituais. Cristina de falta directa facía o quinto tanto do partido. Gol de moi bela factura. Pacy foi a encargada de pechar os goles locais e o Boiro fixo o seu tanto de penalti no 78, o único tiro que non puido atallar Paula.
Vitoria importantísima de un Ourense que quere seguir crecendo e que da un paso adiante tras unha racha negativa. Estas rapazas queren seguir creendo e superando os obstáculos do camiño. Moveas unha ilusión, o fútbol.