A UD Ourense recibe o Atlético Marcón, un recén ascendido, que chega a O Couto con malo números coma visitante. Os vermellos tratarán de regresar a senda do triunfo, despois do empate en Navia. Na casa toca sumar de 3 en 3 e a misión engadida será a de non encaixar.
Volta o fútbol a cidade das Burgas e o igual que fai 15 días, faino ca visita doutro dos recén ascendidos, o Atlético Marcón. Unha boa ocasión para que a UD Ourense volte sumar 3 puntos na súa pelexa por seguir na parte alta da táboa. Sumar na casa é imprescindible e facelo novamente gañando é algo vital de cara a ese ansiado obxetivo. O líder da categoría, o Bande, abriu un pequeno oco, non deixalo escapar é unha das consignas do vesiario, que tamén está moi atento o resto de rivais directos.
O conxunto que adestra Fernando Currás recupera para esta cita a todos os lesionados. Oli, xa recuperado, podería entrar na convocatoria, aínda que o técnico de Esgos non quere arriscar, sabedor de que a tempada é moi longa e de que este mes de outubro arrinca tamén a Copa Deputación, o que fai que o número de partidos aumente e o desgaste por xogar entre semana de cando en cando.
Os ourensáns queren voltar a senda do triunfo, despois de non pasar do empate na súal última saída fronte o Alertanavia. Ademáis, buscarán non encaixar goles, algo que solo lograron fronte o Estradense e que está facendo sufrir o conxunto vermello, que non é capaz de pechar os encontros e que pese a vencer, acaba tendo sustos de última hora. Unha faceta que toca reforzar, pois todo ataque comeza por unha boa defensa.
O Atlético Marcón chega O Couto como recén ascendido e coas esperanzas postas na salvación, que este ano semella que se venderá cara. O conxunto que adestra Borja Burgos suma 4 puntos no que vai de tempada e ocupa postos descenso a Primeira Autonómica. Coma visitantes amosan moi malos números con 3 derrotas, 11 goles en contra e ningún a favor. A súa única vitoria conseguírona coma locais fronte o Mondariz (2-1) e o outro punto sumárono a pasada semana diante do Valladares (1-1).
O conxunto pontevedrés conta ademáis con un hándicap nos encontros desputados ata a data. Ademáis de encaixar moitos tantos, o equipo vaise dos encontros cando reciben 1 ou 2 goles, facilitando as goleadas rivais. Algo no que dende o corpor técnico están incidindo para evitar que siga acontecendo. O empate fronte o Valladares foi unha luz de esperanza para un equipo que quere seguir crecendo e tentar escapar desa parte baixa.
Partido por tanto entre dous equipos distantes na táboa clasificatoria, con obxetivos diferentes a longo prazo, pero que tratarán de buscar a vitoria mañá domingo sobre o céspede de O Couto.