A UD Ourense recibe o domingo a partir das 17:30 horas o CD Beluso no estadio de O Couto. Duelo entre dous recén ascendidos e que ademáis estrean categoría. Os bueuense chegan a cidade das Burgas invictos e con bos números defensivos. Os vermellos tratarán de sumar a cuarta vitoria consecutiva nun novo encontro diante dos nosos siareiros.
Setembro vai encarando o seu final e na Preferente Autonómica adentrámonos na quinta xornada ligueira. O Ourense afronta un encontro moi importante dentro das súas aspiracións a situarse na parte alta da táboa. Chega ao Couto un rival invicto neste inicio ligueiro e que o igual que os vermellos, comparte a vitola de debutante na categoría. Non obstante este adxetivo non semella ser unha lousa, xa que o Beluso sitúase un posto por debaixo dos ourensáns, a tan só 1 punto.
Os de Fernando Currás afrontan o encontro ca moral moi subida, despois de imporse o Porriño Industrial a domicilio, o que supuxo a primeira vitoria lonxe da casa e que ademáis serviu para reforzar o bo traballo feito ata agora, o imporse a un dos hipotéticos rivais directos. Os pupilos do técnico de Esgos chegan ca lección aprendida do encontro diante o Caselas e non repetirán os mesmos erros. A semana desenvolveuse coas sesións de traballo previstas, facendo hincapé precisamente en no relaxarse e en que ninguén vai regalar nada nesta categoría.
O rival chega os nosos dominios cun inicio de liga maravilloso para un recén ascendido, que fai non moito militaba na Terceira Autonómica. 8 puntos de 12 posibles, logo de acadar dúas vitorias e dous empates, cun balance de 9 tantos a favor e tan só 1 en contra. A goleada da pasada fin de semana fronte o Valladares por 5-0 foi un subidón importante para un grupo que dirixe un histórico dos banquillos de O Morrazo, como é José María Rial. Técnico, que por certo, coñece ven o fútbol ourensán, xa que coma xogador militou no Sporting Amoeiro, defendendo as súas cores en Preferente.
No conxunto rival destaca a súa zaga, que está sendo a máis segura da competición. Tan só o Sanxenxo foi capaz de facerlle gol o conxunto de Bueu. Números máis que destacados para un recén ascendido. No apartado ofensivo os goles son cousa de Ricardo Pazos «Richi», que suma 3 tantos anotados, os últimos 2 no último encontro ligueiro. O centrocampista Nacho Soague, destaca tamén pola súa chegada e olfato goleador, acumulando 2 tantos no seu haber no que vai de tempada.
Cita importante para UD Ourense que agarda recuperar para este encontro a Oli, aínda que todavía non é seguro que o lateral poida ser da partida. Fernando Currás podería introducir algunha rotación na medular, con respecto o último encontro. Deste xeito, Bruno podería ser da partida en detrimento dalgún mediocentro ou de Joni, pasando a ocupar o seu posto en banda Fran Martínez.
Os ourensáns queren seguir facendo de O Couto o seu fortín e sumar a terceira vitoria coma locais, que sería a 4 do campionato o que os auparía con 12 puntos de 15 posibles, para facer deste xeito, un gran inicio ligueiro. Dende o clube queremos facer un chamamento a todos os nesos seareir@s para que acudan en masa o domingo ao estadio e apoien os nosos nunha nova contenda ligueira e nunha cita vital, pois na casa toca tentar sumar de 3 en 3. Cita máis que destacada na cidade de Ourense para a tarde do domingo.