UD Ourense – CD Moaña: O Couto quere seguir sendo un fortín

con No hay comentarios

A UD Ourense recibe esta tarde (16:30 h.) o CD Moaña no estadio de O Couto. Os vermellos buscan sumar a quinta vitoria consecutiva e seguir contando os partidos na casa coma triunfos. O rival chega situado por detrás dos vermellos e en escalada de posicións.

Novo domingo de fútbol no estadio de O Couto e novo domingo para disfrutar unha vez máis co Ourense. O conxunto dirixido por Fernando Currás recibe a visita dun Moaña que marcha quinto na táboa a 7 puntos dos vermellos. Un conxunto que chega por detrás na táboa e o que en caso de derrotar, descolgaríase a unha diferenza considerable de puntos.

Os vermellos afrontan a cita situados nunha cómoda segunda praza, con 4 puntos de vantaxe sobre Sanxenxo e Bande e a 4 do líder, o Estradense, que sigue amosándose intratable. Os vermellos non poderán contar no día de hoxe coas baixas de Omar, Aitor Martínez, Xurxo e Julio Martínez, que entre lesións e traballo, non serán da partida. O técnico ten a dúbida de Hugo, que sufriu un pinchazo e será duda ata última hora. Luis, xa recuperado, podería regresar o XI inicial.

Enfrente estará un Moaña que suma 4 xornadas consecutivas invicto e que ven en fase ascendente remontando posicións na táboa. O conxunto do Morrazo é un filón coma local, onde desputaron 6 encontros ligueiros, con 5 vitorias e 1 derrota. A domicilio, o conxunto dirixido por Sebastián Insagaray baixa o seu rendemento e acumula 4 derrotas (Bande, Estradense, Campo Lameiro e Pontellas), 1 empate (Atios) e dúas vitorias (Gondomar e Erizana).

O conxunto pontevedrés conta nas súas filas con Andrés Giráldez, pichichi da categoría con 13 tantos e un home a ter moi en conta a hora de marcar de cerca. Se se anula a Giráldez, o Moaña sofre para facer gol. Este será un dos factores determinantes para superar a un combativo rival.

Currás apostará por un XI moi similar o de Valladares, con certos retoques. Pato ocupará o posto baixo paos, namentras que a línea de zagueiros comporana Josu, Pablo Corzo, Germán e Oli ou Codeso. Na medular estarán Luis, Rubén Durán e Fran Martínez, deixando as bandas para Alfredo e Joni e a punta de ataque para Hugo, aínda que o podería sustituir Adrián se finalmente non é da partida ou Joni, xogando Unai en banda.

Partido para seguir ilusionando a unha afección que xa se achega os 1.500 socios e que poblando a grada de tribuna do Couto cada partido e desplazándose en masa os campos rivais, onde acostuman a ser maioría. O Ourense todavía non perdeu no que vai de Liga no seu templo futbolístico e quere seguir sumando de 3 en 3 na casa.