A UD Ourense recibe mañá en O Couto a visita do Valladares. O encontró marcará o inicio da segunda volta para o conxunto vermello. Os de Currás buscan un triunfo que o revitalice tralo último empate na casa fronte o Atios. O rival superou os nosos no partido de ida.
Inicio de segunda volta para un Ourense que entra na recta definitiva do campionato e que comeza o primeiro dos 19 partidos que decidirán se os ourensáns logran o ascenso a Terceira División. Terceiro partido consecutivo na casa ante un rival que logrou a vitoria no encontro da primeira volta, inflinxindo os vermellos a primeira derrota da tempada. Tralo empate ante o Atios da pasada semana, as necesidades acucian antes de visitar a próxima semana o Estradense, rival directo e líder destacado da categoría, con 4 puntos máis que os nosos.
O rival de mañá será o Valladares, que actualmente ocupa a 14ª posición na táboa e que pese a ser un rival compricado coma local, baixa o seu rendemento a domicilio. Os de Valadares acumulan 2 vitorias e 3 empates no seus 9 partidos lonxe do seu feudo. Eso sí, anotan unha media de 1 gol por encontro, polo que son un serio peligro a hora de atacar.
Un conxunto no que destacan homes coma Federico Mintegui, que leva 7 tantos anotados en competición. Bruno Vila e Víctor Vázquez con 4 tantos cada un, son dos homes máis destacados na parcela ofensiva. O conxunto vigués acumula 2 derrotas consecutivas e 4 partidos seguidos sen gañar o que levou, os mañá visitantes, a ocupar postos na zona media-baixa da táboa.
Fernando Currás non poderá dispor mañá de Omar, Adrián e Unai, que xa comezaron a adestrar co grupo, pero non serán da partida. Tampouco estará Fran Martínez, que a pesares de evolucionar moi ben, o corpo técnico non quere arriscar. Ademáis, Jony sufriu un golpe durante o adestramento de onte venres, polo que se convirte en dúbida, aínda que dende o clube agárdase que esté a disposición do técnico.
O adestrador deberá recompor o seu XI, onde podería debutar Diego Vieytes, recén chegado do Boiro e presentado no día de onte nas instalacións de COSAGA. Germán podería pasar a xogar na medular dando entrada o central recén asinado no eixo da zaga, onde terá que competir con Corzo, Codeso, Julio Martínez, Xurxo e Tito Currás por un posto.
Partido importante para o Ourense e no que o ourensanismo debe volcarse para apoiar os seus e seguir unha semana máis en postos de ascenso. O obxetivo estase cumplindo, agora toca remar neste tramo final.