A UD Ourense convoca os seus socios con dereito a voto a Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar o próximo 25 de xaneiro as 20:00 horas.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA U.D.OURENSE
Por acordo da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense convócase para o dia 25 de xaneiro de 2018, ás 20,00 horas en primeira convocatoria e 20,30 horas en segunda na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79), Asemblea Xeral Ordinaria de socios co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Ratificación, se procede, de novos socios.
2.- Liquidación orzamento tempada 2016-17
3.- Informe execución orzamento tempada 2017-18.
4.- Aprobación, se procede, de disposición do fondo social.
5.- Rolda libre de intervencións
Lembrar que os socios poden enviar propostas para ser debatidas e sometidas a votación na Asemblea. Ditas propostas deberán presentarse como mínimo con cinco días naturais de antelación á celebración da Asemblea e serán enviadas ao correo electrónico uniondeportivaourense@gmail.com.
Así mesmo lembrar que poden acudir a Asemblea con voz e voto os socios maiores de 16 anos que estén ao corrente de pago da couta social a data 31 de decembro de 2017, debendo presentar o Documento Nacional de Identidade (DNI) para poder acceder á mesma. Por último recordar que un socio pode representar a outro presentando escrito de autorización e copia do DNI do representado.