O Couto acolle o primeiro encontro da UD Ourense como local na Preferente Autonómica (domingo, 19:00 horas). O rival será o Estradense, líder provisional da categoría e que será un dos rivais a batir na loita polos postos de cabeza. Durán e Bruno baixas confirmadas. Currás apostará por variacións tácticas. Agárdase unha gran entrada
Volta o fútbol a casa e faino cun auténtico partidazo entre dous dos clubes chamados a loitar polo ascenso a final de tempada. A afección e consciente deste feito e dende o pasado xoves, colapsou as oficinas do clube na procura dos carnets e tamén para xestionar as renovacións e novas altas. Os datos son magníficos e agárdase superar a cifra dos 1.000 abonados e socios en próximos días.
Fernando Currás xa avisou durante a previa da importancia de xogar ante os seus. Tralo tropezo en Valladares, a sensación foi agridoce, pero a gran segunda parte e os continuos intentos dos vermellos por igualar a contenda, deixaron un bo sabor de boca. Agora toca dar un impulso máis e ir a pola victoria ante os nosos siareiros, que se agarda que volten copar a grada de tribuna, despois de finalizar os meses de vacacións e dado o gran axetreo de renovacións.
Enfrente estará o Estradense, un conxunto punteiro e que goleu na primeira xornada o Ribeiro por 5-0. O equipo de A Estrada chega cun plantel moi renovado e con novo presidente e adestrador. Destaca a presencia dun histórico lateral do fútbol nacional coma Pignol, que os seus 40 anos segue desfrutando do fútbol, aínda que en categorías máis baixas as que acadou. O equipo que dirixe Alberto Mariano Estévez tentará sacar rédito no noso estadio, despois de situarse como líder e aproveitar para rascar un resultado positivo.
Os ourensáns non poderán contar para este encontro ca presenza de Bruno e Rubén Durán, que se perderán o duelo por sanción. Tampouco estará no banquillo Nacho Currás, expulsado no último encontró e que non se poderá sentar a pé de campo. O técnico vermello apostará pois por unha rotación na medular, onde poderían entrar xogadores coma Omar, Carlos ou Fran Martínez. O cambio táctico e de estilo de xogo tamén será unha novidade, para poder adaptar o xogo do equipo a un campo con dimensións e terreo acordes o fútbol que lle gusta facer o Ourense e que non puideron desplegar da mellor maneira posible en Valladares.
Dende o clube, tamén queremos facer un chamamento a afección, que tan ben responde una primeira saída fora da nosa provincia e que sen dúbida mañá voltará a estar presente enchendo de colorido as gradas. Para facilitar a súa presencia, as oficinas do clube permanecerán abertas na matinal do domingo, entre as 11:00 horas e as 13:30, para facilitar a recoliida de carnets e as renovacións ou altas que sexa necesario facer. Así mismo, pola tarde, entre as 17:30 e as 18:30, tamén se fará entrega dos carnets, aínda que pedimos a colaboración dos nosos para que non agarden ata última hora e colapsen as oficinas antes do encontro.
Duelo de titáns sobre o céspede do Couto, no regreso oficial e estreo da UD Ourense na casa. Unha cita que non te podes perder.