A UD Ourense feminina arranca a súa andadura en competición fronte o Sárdoma “B”. O conxunto adestrado por Rubén García debuta mañá domingo as 16:00 horas no campo de fútbol das Relfas, nun encontro marcado polas baixas do cadro vermello.
Fin de semana de debuts e momento de que coiro bote a rodar. Se hoxe arrancaron os equipos da base e fai 15 días fixoo o primeiro equipo, agora chégalle o turno a sección feminina. O cadro vermello comeza mañá a súa andadura, unha tempada máis, na Primeira Galicia, co obxetivo de pelear por estar nos postos de cabeza e tentar dar o salto de categoría, aínda que a meta principal será acabar entre as 4 primeiras.
O conxunto que adestra Rubén García afronta este ano con ilusión e moitas ganas de seguir medrando e consolidar o fútbol feminino na cidade. O núcleo duro do vestuario mantense, depois de que se conseguise a continuidade dos principais efectivos do equipo. Xogadoras coma Mónica, Jani, Hele ou Laura renovaron o seu compromiso unha tempada máis. A elas súmanse as novas incorporacións, a gran mayoría rapazas moi novas, pero con moitas gañas e ilusión de facer cousas grandes e de crecer coma futbolistas.
O rival de mañá será o Sárdoma “B”, xa consolidado na categoría e que conta cun equipo en nacional, o que facilita que o filial sexa un conxunto de probaturas e cheo de xente nova. Rival complicado, habitual da parte alta e que xa a pasada tempada púxolle as cousas moi difíciles o cadro vermello. Sáida complicada por tanto, a un campo no que non é nada doado puntuar e no que as locais plantearán un partido de moito desplegué físico.
Os problemas do cadro vermello chegan a hora das baixas. Rubén García non poderá contar para este encontro con Feijoo, lesionada. A ela súmanse Noe e Emma, por motivos laborais e Sofía, Andrea e Aldara, por motivos persoais. Baixas moi importante e que obrigarán o técnico a recompoñer o seu once titular. A xoven gardarredes Paula, debutará en partido oficial. A macedana terá unha proba de fogo diante dun equipo con moita facilidade para crear ocasións de gol.
Rubén García citou as seguintes xogadoras para este partido: Paula, Celia, Silvia, Paci, Lo, María, Mónica, Dana, Nerea, Hele, Cris, Laura, Jani, Zaira, Aída e Lucía. Un total de 16 futbolistas que participarán nesta primeira contenda da tempada.